
….
Parte da esencia coa que impregnamos a nosa marca ven dada pola bravura e a forza do atlántico, o natural, o que percibes como especial e único.
Nun mundo tan globalizado cremos que é bo recuperar a autenticidade e rescatar as particularidades de cada persoa, lugar… O que nos diferencia tamén nos une, o que podemos compartir enriquécenos.
….
….
Non nos esquecemos de que todo ten un custo. Se queremos disfrutar de algo mañá, debemos de coidarlo hoxe ou será tarde de máis. O consumo masivo de roupa supón un problema global grave e non queremos vivir alleos a iso.
Poñer coidado e paixón na elección de materiais, apostar por tecidos orgánicos e xustos, deseñar e fabricar dende o local, respetar ás persoas implicadas en todos os procesos, alongar a vida das prendas e reciclar novamente co menor impacto posible. Ese é o noso traballo.
….
Inspiración atlántica
….
Xiro está formado por persoas apaixoadas polo denim e decididas a emprender un camiño constante hacia a sostibilidade. Non só en canto á roupa que vestimos, senon en cada unha deas cousas que facemos día a día.
Dende un inspirador lugar a orillas do atlántico traballamos para facer jeans auténticos e atemporais máis alá do que dictan as tendencias. Certamente non facemos moda, facemos o que nos gusta; simplemente roupa con carácter.
….