Aviso Legal

O presente Aviso Legal regula as condicións xerais de acceso e utilización do sitio web accesible na dirección URL xiroeco.com (en diante, o sitio web), que Xiro Atlantic Denim pon a disposición dos usuarios de Internet.

A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluidas neste Aviso Legal. En consecuencia, o usuario do sitio web debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do titular da web, ou a causa dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou na práctica empresarial.

1.- TITULARIDADE DO SITIO WEB.

Nome do titular: Xulián Chapela García en diante xiroeco.com ou Xiro Atlantic Denim.

NIF: 36174598-Z

Correo electrónico: info@xiroeco.com

 

2.- OBXECTO.

O sitio web facilita ós usuarios do mesmo o acceso á información e servizos prestados por Xiro Atlantic Denim a aquelas persoas ou organizacións interesadas nos mesmos.

 

3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB.

3.1.- Carácter gratuito do acceso e utilización da web. O acceso á web ten carácter gratuito para os usuarios da mesma.

3.2.- Rexistro de usuarios. Con carácter xeral o acceso e utilización da web non esixe a previa suscrición ou rexistro dos usuarios da mesma.

 

4.- CONTIDOS DA WEB.

O idiomas utilizados polo titular na web serán o galego, o castelán e o inglés. Xiro Atlantic Denim non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da web polo usuario, nin das súas consecuencias.

Xiro Atlantic Denim poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da web, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar ós usuarios.

Prohíbese o uso dos contidos da web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia o de terceiras persoas sen a autorización de Xiro Atlantic Denim, nin remitir publicidade o información valéndose para elo dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuita ou non.

Os enlaces ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incurrir en accións desleais ou ilícitas en contra de Xiro Atlantic Denim.

 

5.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.

Tanto o acceso á web como o uso non consentido que poida efectuarse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Xiro Atlantic Denim non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de dito acceso ou uso. Xiro Atlantic Denim non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir nin dos danos que poidan causarse ó sistema informático do usuario (hardware e software), ou ós ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia de:

– a presenza dn virus no ordenador do usuario que sexa utilizado para a conexión ós servizos e contidos da web.

– un mal funcionamento do navegador.

– e/ou o uso de versións non actualizadas do mesmo.

Xiro Atlantic Denim non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na web para a apertura de outras. Xiro Atlantic Denim non garante a utilidade de estes enlaces, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos ós que poida acceder o usuario por medio de estes enlaces, nin do bo funcionamento de estas webs.

Xiro Atlantic Denim non será responsable dos virus ou demáis programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ó acceder á súa web ou outras webs ás que se accedera mediante enlaces de esta web.

 

6.- EMPREGO DA TECNOLOXÍA “COOKIE”.

A web emprega cookies, podes consultar a nosa Política de Cookies, na nosa páxina de Política de Privacidade que respeta en todo momento a confidencialidade e intimidade do mesmo.

 

7.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.

Son propiedade de Xiro Atlantic Denim todos os derechos de propiedade industrial e intelectual da web, así como dos contidos que alberga. Calquera emprego da web ou dos seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular.

Está reservado exclusivamente a Xiro Atlantic Denim calquiera outro uso que supoña a copia, reproducción, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de Xiro Atlantic Denim.

 

8.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN COMPETENTE.

O presente Aviso Legal interpretarase e rexirase de conformidade coa lexislación española. Xiro Atlantic Denim e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense ó dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para calquera controversia que puidera derivarse do acceso ou uso da web. No caso de que o usuario teña o seu domicilio fora de España, Xiro Atlantic Denim e o usuario, sométense, con renuncia expresa a calquera otro foro, ós xulgados e tribunais de Pontevedra.