the-circular-project-shop-LOGO

The Circular Project Shop é o espazo madrileño donde estamos. Con unha corta pero intensa vida, Paloma, a súa fundadora, fálanos de cómo foi este primeiro ano da primeira tenda de moda sostible na cidade “É difícil explicar qué supuxo a nivel persoal porque foi e está sendo unha experiencia brutal, moi enriquecedora en todos os aspectos, e tamén unha proba de forza” E como todo o que empeza, non nos podemos olvidar da dificultade de sacar un proxecto adiante e manterse “supón unha gran inversión e de momento pouco beneficio económico, pero compénsase coa acollida, o apoio e o cariño que a xente me está dando”.

The Circular Project Shop

Os criterios que se seguen para valorar as prendas son éticos “as persoas son o primeiro: quero que sexan prendas que garanten un salario digno a todos os traballadores que interveñan na fabricación do produto” e ambientais “que sexan produtos respetuosos co medioambiente: tecido orgánico, libre de químicos, curtición vexetal, reciclado…” Apunta que todas as marcas cumpren o primeiro criterio e a maioría cumpren os dous.

The Circular Project Shop, moda sostible Madrid

¿E enténdese o sentido da moda ecolóxica e ética? Aqui Paloma cóntanos que “o público obxectivo entende moi ben o que isto implica e o público que descoñecía que isto era posible reaccionou de maravilla” “non só se levan algo que lles gusta estéticamente senón que éticamente tamén lles satisface”
Cree que a moda sostible está calando pouco a pouco “a xente comenza a enterarse de que é posible vestir de forma respetuosa e con contido, cada vez a mensaxe chega a máis xente e isto comeza a notarse no ritmo diario da tenda, que cada vez é maior” Aínda que non esquece que “queda moito por facer, moita educación neste sentido… pero os pasos que estamos dando comenzan a dar o seu froito.”

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros, y en ningún caso instalará cookies que no sean estrictamente necesarias para poder utilizar el sitio correctamente, sin su previo consentimiento. Si hace clic en aceptar dará su consentimiento para su utilización y acepta nuestra Política de Privacidad y Política de Cookies

Moda Sostible