Ademáis dos puntos de venta físicos, Xiro oferta os seus productos na súa tenda online, poñéndo énfasis na seguridade que ofrece cualquera das 4 plataformas dispoñibles. Poñemos a tu disposición o envío, un cambio e unha devolución sen gastos de envío mediante correo libre de xornadas de traballo interminables e información/atención ó cliente sobre medidas das prendas para que esta compra virtual sexa o máis cómoda e sinxela.

TENDA E CARRO DE COMPRA

Aquí poderás navegar polos produtos Xiro actualmente en stock.

Para isto accede mediante o menú principal pulsando TENDA. Verás as nosas prendas e o seu correspondente prezo co IVA incluído. Unha vez dentro de cada unha estará toda a info relativa a materiais, estilo, cetificacións ou medidas así como varias fotos representativas.

Cando te decidas por un produto escolle a túa talle e preme en “ENGADIR Ó CARRO”. Cando teñas finalizado as túas compras pulsa na icona e “VER CARRO” para acceder ó carro de compras. Terás a posibilidade de eliminar produtos ou cambiar a cantidade a pedir así como de calcular os gastos de envío. Unha vez feita algunha modificación preme ACTUALIZAR CARRO para ver o novo estado. Se todo está ó teu gusto, pulsa en “FINALIZAR COMPRA”.

Por último, completa os teus datos (se non eres un usuario rexistrado), elixe un dos métodos de pago, acepta as Condicións de Uso e preme “REALIZAR O PEDIDO”.

REXISTRO E CONTA

Podes facer pedidos en xiroeco.com como un usuario invitado, aínda así recomendámosche rexistrarte. É moi sinxelo, introduce o teu enderezo de email e un contrasinal. Logo, introduce os teus datos de envío e/ou facturación e quedarán gardados para os teus próximos pedidos. Consulta a nosa política de privacidade.

Se xa eres usuario, conéctate en A Miña Conta e só terás que escoller a forma de pago, aceptar as condicións de uso e REALIZAR O PEDIDO.

Dende o panel de control da túa conta podes ver os teus pedidos recentes, xestionar os teus enderezos de envío e facturación e editar o teu contrasinal e os detalles da túa conta.

Tamén é posible gardar as túas prendas favoritas na Lista de Desexos (parte superior dta.)

PEDIDOS TELÉFONO

Se prefires realizar o teu pedido por teléfono chama ó (+34) 886 126 339 ou ó (+34) 678 553 812 entre as 10:00 h. e as 20:00 h. de luns a venres. Infórmanos do modelo e talla que elexiche, o teu nome, enderezo, teléfono e email. Soamente se poderá efectuar o pago mediante transferencia bancaria ou contrareembolso.

Fora de ese horario, deixa unha mensaxe sms o whatsapp co texto “Pedido Xiro”.

OS PREZOS DA WEB

Son en euros e inclúen IVA, pero exclúen os gastos de envío (ver seguintes pestanas).

Os prezos poden cambiar en calquera momento, pero os posibles cambios non afectarán ós pedidos con Confirmación de Pedido xa enviada.

Para realizar un pedido, deberás seguir o procedemento de compra online e premer en “REALIZAR O PEDIDO”. De seguido, recibirás un correo electrónico acusando recibo do teu pedido (Recibo do teu pedido en Xiro | Atlantic Denim) como confirmación do pedido.

XIRO NON ACOSTUMA A FACER REBAIXAS

…debido a que as nosas prendas son atemporais e os modelos mantéñense. Empregar tecidos ecolóxicos e facer procesos de forma local ten uns custes máis elevados e polo tanto todas as marxes están contempladas sen grandes desequilibrios.

Podes suscribirte á nosa Newsletter na parte inferior dereita da web e recibirás promocións puntuais. Se xa realizache ou vas realizar unha compra na nosa tenda online engadirémoste á lista de suscriptores de compra e enviarémosche algunhas promocións máis interesantes polo feito de ser un/unha ‘supporter’ de Xiro 😉

Se o desexas, podes darte de baixa escribíndonos a info@xiroeco.com ou en calquera das nosas newsletters (comproba as carpetas de promocións ou spam)

Podes pagar a través de tarxeta de crédito ou de débito (Visa, Visa Electron, Mastercard, 4B, Maestro), transferencia bancaria, Paypal ou contrarreembolso. A transacción de pago mediante tarxeta de crédito realízase a través de unha conexión segura SSL (Secure Socket Layering).

Tarxeta

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito no noso TPV virtual.

Transferencia

Transferencia bancaria ó número de conta que aparecerá en canto finalices o proceso de compra.

Paypal

Ingresa coa túa conta de Paypal.
Recomendamos este método para pagos nunha divisa diferente ó €.

Contrarreembolso

Ó prezo total do pedido sumaráselle o suplemento de 2,75% sobre o valor do reembolso con un mínimo de 2,50 €.

FINALIZAR COMPRA

Ó facer clic en “FINALIZAR COMPRA” estás confirmando que a tarxeta de crédito é túa ou que eres o lexítimo poseedor da tarxeta regalo ou da tarxeta abono.

As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade emisora das mesmas, pero se dita entidade non autorizase o pago, non nos faremos responsables por ningún retraso ou falta de entrega e non poderemos formalizar ningún contrato contigo.

CANCELACIÓN DE PEDIDOS

Acéptanse cancelacións de pedidos sempre e cando se soliciten antes do envío do mesmo. Para realizar a cancelación debes solicitalo mediante o formulario “Contacto“, enviando un e-mail a info@xiroeco.com ou chamando ó teléfono de atención 678 553 812.

SEGURIDADE NO PAGO

Dispoñemos da garantía da pasarela de pago que proporciona a nosa entidade bancaria. A nosa pasarela está configurada no modo “pago seguro”, no que os datos confidenciais da tarxeta son transmitidos directamente e de forma encriptada (SSL) á entidade financieira emisora da mesma, quen autorizará a transacción. Todo este proceso realizarase baixo comunicación segura HTTPS.

Podes identificar que estás nunha zona segura, cando o navegador mostre unha icona dun candado á esquerda do enderezo web.

Xiro non ten en ningún caso acceso ós teus datos bancarios nin os garda nos seus servidores. Por este motivo deberás facilitar de novo os teus datos cada vez que realices unha nueva compra na nosa tenda online. De esta forma obtés unha dobre protección contra abusos e fraudes.

A transacción de pago mediante tarxeta de crédito realizase mediante unha conexión segura SSL (Secure Socket Layering). Poderá identificar que está ante una conexión segura porque o enderezo web pasa de http a https (a “s” significa que os datos que se transmiten están encriptados e polo tanto é segura). Ó facer o pago a través de pasarela de pago segura, o sistema verificará automáticamente que a tarxeta de crédito está activada para o Comercio Electrónico Seguro. Despois conectará co banco emisor da mesma, o cal solicitará a autenticación e a autorización da operación.

COMPRAS DE EMPRESAS

En caso de que precisess unha factura da túa compra, podes solicitala enviando un correo electrónico a info@xiroeco.com indicando a túa información fiscal. Xiro procesará a túa solicitude no menor tempo posible e enviará a factura por correo electrónico ó enderezo proporcionado nos detalles de facturación ou expresamente indicado por ti.

Se estás pensando en comprar varios produtos de Xiro e se cadra vestir a todo o teu equipo ou completar o look do uniforme da empresa, podes obter un mellor prezo. Ponte en contacto sen compromiso.

Ademáis, estamos personalizando os nosos jeans, camisas e incluso mandiles (todos orgánicos e locais) coa finalidade de adaptalos a todos os deseños e necesidades do teu negocio. Escríbenos un e-mail a info@xiroeco.com e darémosche toda a información relevante que necesitas en pouco tempo.

Para información máis detallada consulta as nosas Condicións de Uso.

2 intentos de entrega a domicilio e dispoñibilidade na oficina de Correos máis próxima durante 15 días en caso de ser fallidos.
Con posibilidade de concertar o segundo intento, tanto polo remitente como polo destinatario (ata un máximo de 5 días dende o primeiro intento).

Zona

España

 

Baleares e Portugal

 

Illas Canarias

 

Europa 1

 

Europa 2

 

Resto UE

Lugar

Península

 

Baleares, Portugal penínsular

 

As Palmas, Santa Cruz de Tenerife.

Francia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Dinamarca, Italia, Reino Unido, Polonia, Austria, República Checa e Luxemburgo.

Suecia, Irlanda, Grecia, Croacia, Noruega y Suiza**

Finlandia, Letonia, Lituania, Estonia, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Bulgaria, Romanía, Malta e Chipre.

Tiempo de Entrega

1-3 días laborais

 

2-3 días laborais

 

2-3 días laborais

 

5-7 días laborais

 

5-7 días laborais

 

5-7 días laborais

Coste

Gratuito

 

3 €

 

6 €*

 

9 €

 

12 €

 

18 €


* Para compras dende Canarias o cliente está exento de pagar IVA, non obstante deberá facerse cargo dos gastos de IGIC e D.U.A. que lle serán cobrados no momento da entrega. Mesmas condicións para pedidos dende Ceuta e Melilla.
** Para Suiza e Noruega: Os gastos e os impostos de importación pueden ser cargados ó recibir o paquete e o transportista pode cobrarlle unha tarifa de administración tamén polo despacho de aduana. Esta é a razón pola que deducimos o imposto español do 21% do teu pedido.

Para información máis detallada consulta as nosas Condicións de Uso.

Xiro ofrece devolucións e cambios gratuítos en todos os pedidos dende España e devolucións dende Europa (Zona 1).

Todos os productos XIRO poderán ser cambiados ou devoltos e reembolsados sempre que o usuario nolo comunique nun prazo máximo de 14 días hábiles que empezarán a contar dende o día da entrega do pedido.

Zona

España

 

Baleares y Portugal

 

Islas Canarias

 

Europa 1

 

Europa 2

 

Resto UE

Lugar

Península

 

Baleares, Portugal penínsular

 

Las Palmas, Santa Cruz de Tenerife.

Francia, Alemania, Países Bajos, Bélgica, Dinamarca, Italia, Reino Unido, Polonia, Austria, República Checa y Luxemburgo.

Suecia, Irlanda, Grecia, Croacia, Noruega y Suiza*

Finlandia, Letonia, Lituania, Estonia, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Bulgaria, Rumanía, Malta y Chipre.

Devolución

Gratuito

 

Gratuito

 

Gratuito

 

Gratuito

 

12 €

 

18 €

Cambio

Gratuito

 

Gratuito

 

Gratuito

 

9 €

 

12 €

 

18 €

DEVOLUCIÓNS

Son gratuitas en toda España e en Europa (Zona 1)

No resto de zonas as devolucións teñen o custo habitual do envío para cada unha delas, este custo descontarase do importe reembolsado do pedido. Se o desexas, podes xestionar a devolución ti mesmo/a co custo ó teu cargo.

Se recibiche un artígo defectuoso, serache reembolsado o custo dos bens. Por favor, ponte en contacto con nós en info@xiroeco.com e arranxaremos o reembolso dos teus gastos de envío.

CAMBIOS

Cambios de talle ou modelo son gratuítos para toda España. A partir do primeiro cambio os gastos de envío correrán a conta do usuario. Estaremos encantados de axudarte co cambio para que non che volten sobrar dúas cuartas de pantalón na cintura o que esta vez sexas capaz de empurralo máis arriba das rodillas 😉

Fora de España con recollida gratuíta. O envío de volta terá o custe habitual para cada zona e deberá ser abonado a XIRO mediante Paypal, Tarxeta ou Transferencia bancaria antes de que regrese o novo talle/produto ó usuario.

CÓMO PROCEDER CON DEVOLUCIÓN/CAMBIO

1. Infórmanos antes de 14 días dende a súa recepción que o produto quere ser devolto ou cambiado e as razóns de dita devolución. A información poderá realizarse via email a info@xiroeco.com, via teléfono ó 886 126 339, ou mediante o formulario de atención ó cliente.

2. Envolve o produto en perfecto estado conservando o seu packaging e etiquetado orixinal. Imprime e pega no paquete a etiqueta de envío que che enviaremos por email.

3. Xiro programará unha recollida no teu domicilio que se realizará ó cabo de 1 día laboral despois de que nos deixes o teu aviso*.

4. Unha vez recibida e comprobada, ou ben faremos o envío do novo talle solicitado de forma gratuíta, ou ben procederemos ó reembolso do importe dos artigos adquiridos si se trata dunha devolución.**

* Podes xestionar o envío dende a empresa de mensaxería que ti elixas, se así o prefires, a:

Xiro
Ramón Cabanillas 170, 2D
36950 Moaña (Pontevedra)
España

Para isto debes seguir soamente os pasos 1 e 2 deixándonos un aviso. En este caso os gastos de envío corren a cargo do cliente.

** PEDIDOS INTERNACIONAIS
Se o cambio non procede de España os gastos de envío correspondentes deberán ser abonados a Xiro antes de que o pedido regrese de volta ó usuario.
Se a devolución non procede de España ou Europa (Zona 1) ó reembolso dos artigos adquiridos se restarán os gastos de envío correspondentes.

REEMBOLSOS

A devolución dos produtos dará lugar a un reembolso igual ó custe dos produtos devoltos menos o custe dos gastos de envío. As devolucións e as anulacións parciais darán lugar a reembolsos parciais.

Xiro reembolsará o importe dos produtos devoltos mediante o mesmo método de pago polo cal a compra foi realizada polo Cliente.

Se esta devolución procede de Canarias, Baleares, Portugal ou Europa (Zona 1), descontaranse únicamente os custes de envío do pedido inicialmente pagado e sen os custes de envío nos que se incorreran para devolver o produto ou produtos de Xiro. Estes custes de devolución sí serán descontados para o resto de territorios.

A aplicación do reembolso á conta ou tarxeta do Cliente dependerá da tarxeta e da entidade emisora. Este proceso pode tardar entre 3 e 10 días unha vez que o pedido chega ó almacén.

Para información máis detallada consulta as nosas Condicións de Uso.

COIDADO TRADICIONAL DA PRENDA

…o que implicaría lavar na lavadora:

a non máis de 30 grados 

con roupa escura ou negra

non usar lixivia ou branqueador

non lavar en seco

En Xiro recomendamos que as nosas prendas sexan lavadas con deterxentes con ingredientes de orixe vexetal, de biodegradabilidade rápida e completa e libres de experimentación animal. Ademáis de ser máis suaves coidaremos tamén o medio ambiente e os animais.

Para previr o seu descolorido e á vez aforrar auga e enerxía, é preferible non lavar en exceso e evitar a exposición prolongada ó sol durante o secado. 

Non usar secadora.

Pasar o ferro a temperatura baixa, máx 110 grados.

Aplicando este coidado o amidón presente no tecido raw denim vaise con maior rapidez, non se manten a adaptación ó corpo e a perda de cor é uniforme, como no resto dos vaqueiros con lavados.

Podes revisar sempre que queiras as instruccións impresas no forro do peto.

COIDADO ESPECIAL RAW DENIM

Consigue que os teus vaqueiros sexan a túa 2da pel e se convirtan na prenda máis auténtica e persoal que tiveras xamáis seguindo uns sinxelos pasos. Visita a nosa guía Coida|Repara.

Básicamente:

retrasa o primeiro lavado ata os 3-6 meses. Posteriormente podemos espaciar os lavados 1 ou 2 meses, o que consideremos.

sempre en frío con deterxente suave xa sea a man ou en ciclo corto ou delicado.

lavar o pantalón de dentro hacia fóra e secar ó aire estendido.

Varios meses sen lavar os teus jeans poden parecer unha tolería, pero non pasa nada!:

proba a tendelos ó aire libre ou próximo a unha ventá durante 24 h.

proba a expoñelos ó sol durante unha hora por ambos lados e polo revés. A radiación ultravioleta do sol reduce as bacterias.

Eso sí, cando tivemos manchas nunca conseguimos arranxalo así! 🙁 Volta a consultar a guía.

Gracias a estes coidados os desgastes que se van producindo nos jeans son persoais dependendo do corpo e os movimientos de cada un/unha. O tecido cede naquelas partes onde o precisa, o que o convirte nunha prenda única e cómoda que di moito de nós mesmxs.

LONGA VIDA ÓS JEANS!

Por último e moi importante na búsqueda das opcións máis sostibles, recomendamos: parchear, arranxar, customizar… En definitiva… alongar ó máximo posible a vida das nosas prendas 🙂

Fai dos teus jeans unha prenda con historia e prolonga a súa vida útil cando os desgastes comecen a pasar factura. Solicítanos o kit de reparación (tecido, fío e agulla) a makeitlast@xiroeco.com