Condicións de uso

OBXECTO E XENERALIDADES

As presentes Condicións Xerais de Uso, Condicións de Venta e Política de Privacidade regulan o uso do sitio Web localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net (en adiante “o Sitio Web”), do que Xulián Chapela García (en adiante O PROPIETARIO) con NIF 36174598Z e domicilio na Rúa Ramón Cabanillas 170, en Moaña (Pontevedra) 36950 é titular.

A través do seu sitio localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net, O PROPIETARIO proporciona información acerca dos seus produtos e ofrece a posibilidade da súa adquisición. Debido ó contido e á finalidade do Sitio Web, as persoas que queiran beneficiarse dos seus servizos deben contar coa condición de “Cliente”, a cal adquire completando o formulario de rexistro e seguindo os pasos que O PROPIETARIO posteriormente comunica a través de email. A condición de Cliente supón a adhesión ás Condicións de Uso da versión publicada no momento en que se acceda ó Sitio Web.

En calquera caso, existen páxinas do Sitio Web accesibles a persoas físicas ou xurídicas que non cheguen a rexistrarse nin inicien unha compra de produto (en adiante, “Usuarios”). En este sentido, os Usuarios que accedan a estas partes do Sitio Web aceptan quedar sometidos ós términos e condicións recollidos en estas Condicións Xerais, na medida que elo lles poida ser de aplicación.

O PROPIETARIO quere facer saber ós seus Clientes e Usuarios que se dirixe exclusivamente a un público maior de 16 años e que o territorio no que acepta e distribúe pedidos é o comprendido por Península, Baleares e Canarias (En adiante, o “Territorio”). A EMPRESA non realiza, polo momento, envíos de pedidos ó estranxeiro. Se un usuario estivera interesado en recibir algún artículo fora do territorio de Península, Baleares e Canarias deberá contactar co PROPIETARIO a través do formulario ou enviando un correo a info@xiroeco.com, estudiaríamos a súa solicitude e lle informaríamos ó respecto.

CONTACTO: Para calquera tipo de duda, consulta ou suxerencia, pode enviarnos os seus comentarios por email a: info@xiroeco.com

INFORMACIÓN SOBRE PRODUCTO

As descripcións dos produtos expostos no Sitio Web realízanse en base ás características de deseño de Xiro Atlantic Coast e á información proporcionada polos proveedores. Non obstante, a información dada sobre cada produto, así como as fotografías ou vídeos relativos ós mesmos e ós nombres comerciales, marcas ou sinais distintivas de calquera clase contidos na páxina web do PROPIETARIO, son expostos en localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net a modo orientativo.

PREZOS

Todos os prezos dos produtos que se indican a través da páxina web inclúen o IVA e os demáis impostos que puidera corresponder. Non obstante, estos prezos non inclúen os gastos correspondientes ó envío dos produtos, que se detallan aparte e deben ser aceptados polo Cliente.

DISPOÑIBILIDADE

O PROPIETARIO informa ó Cliente que o número de unidades dispoñibles mantense actualizado coas existencias en almacén. En ningún caso O PROPIETARIO ponrá á venda de forma intencionada máis unidades das que dispoña.

O PROPIETARIO fará todo o posible por compracer a todos os seus Clientes na demanda dos produtos e os manterá informados da reposición de produtos e/ou tallas esgotadas así como, en caso contrario, de tirada limitada.

Para o suposto no que o produto non esté dispoñible despois de haberse realizado o pedido, o Cliente será informado por email da anulación total ou parcial de éste. A anulación parcial do pedido debido a falta de dispoñibilidade dá dereito á anulación da totalidade do pedido.

PAGO

O Cliente comprométese a pagar no momento que realiza o pedido. Ó prezo inicial que figure no sitio Web para cada un dos produtos ofrecidos se lle sumarán as tarifas correspondentes ós gastos de envío pertinentes. En calquera caso, ditas tarifas serán comunicadas previamente ó Cliente antes de formalizar la propia compra.

O Cliente deberá abonar o importe correspondente ó seu pedido mediante pago a través de tarxeta de crédito ou de débito (Visa, Mastercard), transferencia ou ingreso en conta en oficina de Triodos. A tarxeta coa que se faga o pago deberá ter como entidade financieira emisora a un banco ou caixa de aforros español.

O Cliente deberá notificar ó PROPIETARIO calquera cargo indebido ou fraudulento na tarxeta empregada para as compras, mediante email ou vía telefónica, no menor prazo de tempo posible para que O PROPIETARIO poida realizar as xestións oportunas.

FORMALIZACIÓN DE PEDIDOS

Unha vez formalizado o pedido, é dicir, coa aceptación das Condicións de Uso e a confirmación do proceso de compra, O PROPIETARIO enviará sempre un email ó CLIENTE confirmando os detalles da compra realizada.

CANCELACIÓN DE PEDIDOS

O PROPIETARIO aceptará cancelacións de pedidos cando se soliciten antes do envío do mesmo. Para realizar a cancelación debes solicitalo mediante o formulario “Contacto” ou enviando un e-mail a info@xiroeco.com.

PRAZOS, LUGAR DE ENTREGA E EXTRAVÍOS

I. Entrega do producto

O PROPIETARIO comprométese a entregar o produto en perfecto estado no enderezo que o Cliente sinale no formulario de pedido, e que en todo caso deberá estar comprendida, polo momento, dentro do Territorio. Co fin de optimizar a entrega, agradecemos ó Cliente que indique un enderezo no cal o pedido poida ser entregado dentro do horario laboral habitual.

O PROPIETARIO non será responsable polos erros causados na entrega cando o enderezo de entrega introducido polo Cliente no formulario de pedido non se axuste á realidade.

O PROPIETARIO informa ó Cliente que é posible que un mismo pedido se divida en varias entregas.

II. Plazo de Entrega

Os envíos os realizaremos a través de Correos. O pedido realizado por vostede lle será entregado nun plazo máximo de 3 días laborables dende que lle fixemos a confirmación do pedido. O prazo de entrega habitual soe oscilar entre 2 e 3 días, dende a finalización do pedido.

En casos de retrasos nas entregas, O PROPIETARIO informará ós seus clientes en canto teña conocimento de eles.

Cada entrega considérase efectuada a partir do momento no cal a empresa de transportes pon o produto a disposición do Cliente, que se materializa a través do sistema de control utilizado pola compañía de transportes.

No caso de retrasos na entrega dos pedidos imputables ó PROPIETARIO, o Cliente poderá anular o seu pedido de acordo co procedimento descrito no Apartado “Devolución”. Non se considerarán retrasos na entrega aqueles casos nos que o pedido fora posto a disposición do Cliente por parte da compañía de transporte dentro do plazo acordado e non puidera ser entregado por causa atribuíble ó Cliente.

Para a provincia de Pontevedra o coste do envío a domicilio será de 3 € máis IVA por cada pedido, para o resto de España (península) 4 € máis IVA, para Baleares 6 € máis IVA e para Canarias será preciso que nos escribas debido ó suplemento de gastos D.U.A. Para pedidos de coste superior a 150 € os gastos de envío serán gratuitos na península.

Por motivos de seguridade, O PROPIETARIO non enviará ningún pedido a apartados de correos nin bases militares, nin aceptará ningún pedido cando non sexa posible identificar ó destinatario do pedido e a súa dirección.

III. Datos de Entrega, Entregas non realizadas e Extravío

Se no momento da entrega o Cliente se atopa ausente, o transportista deixará un comprobante indicando cómo proceder para concertar unha nova entrega. O PROPIETARIO contrata, como parte do servizo de entrega de mensaxería, a realización dunha serie de accións de seguimento, encamiñadas a garantir que a entrega se produce.

IV. Dilixencia na entrega

O Cliente deberá comprobar o bo estado do paquete ante o transportista que, por conta do PROPIETARIO, realice a entrega do produto solicitado, indicando no albarán de entrega calquera anomalía que puidera detectar no embalaxe. Se, posteriormente, unha vez revisado o produto, o Cliente detectase calquera incidencia como golpe, rotura, indicios de haber sido aberto ou calquera deterioro causado en éste polo envío, éste comprométese a comunicalo ó PROPIETARIO vía email no menor prazo de tempo posible, antes das seguintes 24 horas dende a entrega. A partir de ese momento nno se atenderán incidencias por ese tipo.

DEVOLUCIÓN

I. Procedimento de devolución

Todos os produtos comprados en Xiro Atlantic Coast poderán ser devoltos e reembolsados, sempre que o Cliente comunique ó PROPIETARIO a súa intención de devolver o/os produto/s adquirido/s dentro dun prazo máximo de 14 días naturais contados dende a data de entrega e que se cumplan o resto das condicións establecidas en este apartado.

O PROPIETARIO sólo aceptará devolucións que cumplan os seguintes requisitos:

  1. O produto debe estar no mesmo estado en que se entregou e deberá conservar a súa embalaxe e etiquetado orixinal.
  2. O envío debe facerse usando o mesmo envoltorio en que foi recibido para protexer o produto.
  3. Debe incluirse unha copia do albarán de entrega dentro do paquete, donde ademáis se marquen os produtos devoltos e o motivo da devolución.

 

Para proceder con unha devolución, débense seguir os seguintes pasos:

  1. Infórmanos antes de 14 días naturais dende a súa recepción que o produto quere ser devolto ou cambiado e as razóns de dita devolución. A información poderá realizarse vía email a info@xiroeco.com ou mediante o formulario de atención ó cliente.
  2. Envolve o produto usando a mesma embalaxe en que foi recibido para protexer o produto, conservando a súa embalaxe, etiquetado orixinal e copia do albarán de entrega.
  3. Xiro proporcionarache un código de envío que deberás escribir no lugar da nosa etiqueta unha vez despegada da caixa.
  4. Entrega o paquete en calquera oficina de Correos.* O persoal sacará unha nova etiqueta de envío a partir do código. Se preferiche non despegar a primeira delas, debes comunicar que a tapen coa segunda para evitar confusións.

* En caso de que a devolución non sexa por motivos de produto defectuoso ou incorrecto, podes xestionar o envío dende a empresa de mensaxería que ti elixas, se así o prefires. Para elo debes seguir soamente os pasos 1 e 2 deixándonos un aviso.

 Co obxectivo de facilitarche o proceso de devolución e poder facer un correcto seguimento do mesmo, podes acceder á sección “Seguimento de pedidos” en “A Miña Conta“.

II. Reembolsos ó CLIENTE

A devolución dos productos dará lugar a un reembolso igual ao coste dos productos devoltos menos o coste do servicio de devolución.

Únicamente no caso de que o producto entregado sexa defectuoso ou incorrecto, Xiro reembolsará tamén ao Cliente os gastos de envío correspondentes.

As devolucións e as anulacións parciais darán lugar a reembolsos parciais.

O PROPIETARIO xestionará a orde de devolución baixo o mesmo sistema que se utilizou para o pago nun prazo de 3 días dende a confirmación de chegada ao local do pedido devolto. A aplicación da devolución na cuenta ou tarxeta do Cliente dependerá da tarxeta e da entidade emisora. O prazo de aplicación será de ata 7 días para as tarxetas de débito e de ata 30 días para as tarxetas de crédito.

GARANTÍA DOS PRODUTOS ADQUIRIDOS

O PROPIETARIO actúa en calidade de fabricante e distribuidor garantindo que os productos que se presentan á venda en localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net non presentan defectos, nin vicios ocultos que poidan facelos perigosos ou inadecuados para un uso normal.
Os materiaies que usa Xiro Atlantic Coast para as súas prendas constan de certificados que garanten o cumprimento de uns estrictos estándares medioambientais e sociais. Ditos certificados serán facilitados na descrición de cada producto e poderán ser solicitados polo Cliente.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

As nosas publicaciones en localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net empregan unha licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial 4.0 International (CC BY-NC 4.0) que permite o uso dos seus contidos con fines non comerciais, debendo só atribuír a obra na forma especificada polo autor.

Isto significa que os nosos contidos, salvo o referente a produtos, poden ser usados libremente.

Calquera pode copialos, reproducilos, distribuilos e modificalos en calquera medio ou formato, las únicas condicións que se impoñen son:

  • Que sexa con un fin non comercial. O uso comercial é un uso destinado principalmente a obter unha ventaxa comercial ou unha compensación monetaria.
  • Que se manteña a atribución orixinal ó seu autor mediante un enlace directo (sen “nofollow”) á páxina individual do blog onde se publicou dito contido orixinalmente. Se se trata de un medio impreso basta coa mención do nome da web e a url xeral do mesmo (aínda que se se pode publicar a url da nova agradécese)

Unha salvedade, algunhas das fotografías e vídeos fóronnos cedidas e non nos pertencen, así que non temos a potestade para aplicarlles a licenza Creative Commons.

Para consultar as condicións da licenza invitámoste a visitar Licencia Creative Commons.

Para consultar o texto legal, fai click aquí.

ACCESO E ESTANCIA NA WEB. OS NOSOS CONTIDOS

Os Clientes e Usuarios son íntegramente responsables da súa conducta, ó acceder á información da Web, mentres naveguen na mesma, así como despois de ter accedido.

Como consecuencia do anterior, os Clientes e Usuarios son os únicos responsables ante O PROPIETARIO e terceiros de:

  1. As consecuencias que se poidan derivar de unha utilización, con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ó presente documento, de calquera contido da Web, elaborado ou non polo PROPIETARIO, publicado ou non baixo o seu nome de forma oficial.
  2. Así como das consecuencias que se poidan derivar da utilización contraria ó contido do presente documento e lesiva dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera forma poda danar, inutilizar ou deteriorar a Web ou os seus servizos ou impedir o normal disfrute por outros Usuarios.

 

O PROPIETARIO resérvase o dereito a actualizar os contidos cando o estime convinte, así como a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso a eles, de maneira temporal ou definitiva, así como denegar o acceso á Web a Clientes e Usuarios que fagan un mal uso dos contidos e/ou incumplan calquera das condicións que aparecen no presente documento.

O PROPIETARIO informa que non garantiza:

  1. Que o acceso á Web e/ou ás Webs de enlace sexa ininterrumpido ou libre de erro.
  2. Que o contido ou software ó que os Clientes e Usuarios accedan a través da Web ou das Webs de enlace non conteña erro algún, virus informático ou otros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no seu sistema ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático ou cause outro tipo de dano.
  3. O aproveitamento que da información ou contido de esta Web ou Webs de enlace que os Clientes e Usuarios puideran realizar para os sus propósitos personais.

 

A información contida nesta páxina Web debe ser considerada polos Clientes e Usuarios como divulgativa e orientadora, tanto con relación á súa finalidade como ós seus efectos, motivo polo cal:

O PROPIETARIO non garantiza a exactitude da información contida en esta Web e por conseguinte non asume responsabilidade algunha sobre os posibles perxuízos ou incomodidades para os Usuarios que puidesen derivarse algunha inexactitude presente na Web.

A NOSA RESPONSABILIDADE

O PROPIETARIO non asume responsabilidade algunha derivada, a título enunciativo pero non limitativo:

  1. Da utilización que os Clientes ou Usuarios poidan facer dos materiais desta Web ou webs de enlace, xa sexan prohibidos ou permitidos, en infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de contidos da Web ou de terceiros.
  2. Dos eventuais danos e perxuízos ós Clientes ou Usuarios causados por un funcionamento normal ou anormal das ferramentas de búsqueda, da organización ou a localización dos contidos e/ou acceso á Web e, en xeral, dos erros ou problemas que se xeren no desenrolo ou instrumentación dos elementos técnicos que a Web ou un programa facilite ó Usuario.
  3. Dos contidos de aquelas páxinas ás que os Clientes ou Usuarios poidan acceder dende enlaces incluídos na Web, xa sexan autorizados ou non.
  4. Dos actos ou omisións de terceiros, con independencia de que estes terceiros puidesen estar unidos ó PROPIETARIO mediante vía contractual.
  5. Do acceso de menores de idade ós contidos incluídos na Web, sendo responsabilidade dos seus proxenitores ou tutores exercer un control adecuado sobre a actividade dos fillos ou menores ó seu cargo ou ben instalar algunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar (i) o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores, así como (ii) o envío de datos persoais sen a previa autorización dos seus proxenitores ou tutores.
  6. Das comunicacións ou diálogos no transcurso dos debates, foros, chats e comunidades virtuais que se organicen a través do entorno á Web e/ou webs de enlace, nin responderá, por tanto, dos eventuais danos e prexuízos que sufran os Clientes ou Usuarios particulares e/ou colectivos a consecuencia de ditas comunicacións e/ou diálogos.

 

O PROPIETARIO non será responsable en ningún caso cando se produzcn:

  1. Erros ou retrasos no acceso ó Sitio Web por parte do Cliente á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade de recepción por parte dos destinatarios da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior e calquera outra continxencia imprevisible allea á boa fe do PROPIETARIO.
  2. Fallos ou incidencias que puideran producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos do sitio Web estén constantemente operativos.
  3. Dos erros ou daos producidos ó sitio web por un uso do servizo ineficiente e de mala fe por parte do Cliente.
  4. Da non operatividade ou problemas na dirección de email facilitada polo Cliente para o envío da confirmación do pedido.
  5. En todo caso, O PROPIETARIO comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ó Cliente para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
  6. Asimesmo, O PROPIETARIO ten dereito a realizar durante intervalos temporais definidos, campañas promocionais para promover o rexistro de novos membros no seu servizo. O PROPIETARIO resérvase o dereito de modificar as condicións de aplicación das promocións, prorrogalas comunicándoo debidamente, ou proceder á exclusión de calquera dos participantes da promoción no suposto de detectar calquera anomalía, abuso ou comportamento pouco ético na participación dos mesmos.

 POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Os Clientes e Usuarios comprométense a navegar pola páxina web e a utilizar o contido de boa fe.

En cumprimento do disposto nas seguintes 3 leis:

informámoste que mediante a cumprimentación dos formularios da web co teu consentimento expreso, os teus datos persoais quedan incorporados e son tratados nun ficheiro automatizado, titularidade de XIRO inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos coa finalidade de poder xestionar a túa solicitude e para a entrega das compras.

Este ficheiro será xestionado por Xulián Chapela García con C.I.F. número 36174598Z, e será debidamente xestionado e protexido conforme á lexislación vixente.

Asimesmo, salvo que se manifeste expresamente o contrario, poderanse utilizar os teus datos personais para manterte informado de noticias e novedades relacionadas cos nosos servizos.

Garantimos que baixo ningún concepto, estes datos serán compartidos ou cedidos a terceiros exceptuando únicamente as ferramentas que utilizamos para xestionar os teus datos e que son contratadas por terceiros:

Para poder prestar servicios estrictamente necesarios para o desenrolo de xiroeco.com, compartimos datos cos seguintes prestadores baixo as súas correspondentes condicións de privacidade:

  • Google Analytics: un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”).

Google Analytics utiliza “cookies”, que son archivos de texto ubicados no teu ordenador, para axudar a xiroeco.com a analizar o uso que fan os usuarios da web. A información que xenera a cookie acerca do seu uso en xiroeco.com (incluíndo a túa dirección IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos.

  • Hosting: WebEmpresa S.L., con domicilio en España. Webempresa S.L. trata os datos coa finalidade de realizar os sus servizos de hosting a xiroeco.com.
  • Email marketing: Mailchimp, é unha plataforma de marketing en liña operada por The Rocket Science Group LLC, unha compañía con sede no estado de Georgia nos Estados Unidos, ocúpase dos datos co fin de realizar os seus servizos de marketing por correo electrónico a Xulián Chapela García.

Informámoste da posibilidade de exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante XIRO, remitindo a túa solicitude á dirección RÚA RAMÓN CABANILLAS 170 (36950) MOANA – PONTEVEDRA – ESPANA ou mediante o noso email INFO@XIROECO.COM.

Pola mera visita á Web, os Usuarios non facilitan información persoal algunha nin queda obrigado a facilitala.

XIRO presume que os datos foron introducidos polo seu titular ou por persoa autorizada por éste, así como que son correctos e exactos.

Corresponde aos Clientes a actualización dos seus propios datos. En cualquera momento, o Cliente terá o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a todos os seus datos personais incluídos nos distintos formularios de alta. Para modificar ou actualizar os seus datos personais o Cliente deberá acceder a localhost/www.xiropruebas.com.mialias.net, ó apartado “A Miña Conta“. Para cancelar a túa conta escribe un correo dende o e-mail da túa conta a info@xiroeco.com co asunto “Cancelar conta”. Para borrarse do listado de suscriptores busca o enlace na parte inferior de calquera dos nosos boletíns que cheguen ó teu email.

Polo tanto, o Cliente é responsable da veracidade dos datos e XIRO non será responsable da inexactitude dos datos persoais dos Clientes. Conforme á lexislación vixente en materia de protección de datos, XIRO adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados polos Clientes e, ademáis, instalou todos os medios e medidas ó seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e extracción dos mesmos.

POLÍTICA DE COOKIES

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no teu navegador cando visitas casi culquera páxina web. A súa utilidade é que a web sexa capaz de recordar a túa visita cando volvaw a navegar por esa páxina. As cookies soen almacenar información de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, estadísticas de uso, enlaces a redes sociais, acceso a contas de usuario, etc. O obxetivo da cookie é adaptar o contido da web ó teu perfil e necesidades, sen cookies os servizos ofrecidos por calquera páxina veríanse mermados notablemente. Se desexa consultar máis información sobre qué son as cookies, qué almacenan, cómo eliminalas, desactivalas, etc., rogámoslle se dirixa a este enlace.

Cookies utilizadas en este sitio web

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos procedemos a detallar o uso de cookies que fai esta web co fin de informarte coa máxima exactitude posible.

Este sitio web utiliza as seguintes cookies propias:

  • Cookies de sesión, para establecer a sesión do usuario que visita a nosa web. É unha maneira de identificar e xestionar o estado – as variables de sesión – para un usuario. Garantiza que os usuarios que escriban comentarios no blog e nos productos sexan humanos e non aplicacións automatizadas. De esta forma combátese o spam. (PHPSESSID)
  • Cookies de xestión dos idiomas utilizados na web. (_icl_current_language)
  • Cookies de compra, que permiten o correcto funcionamento da tenda ao recordar os productos que engades ao carro e xestionar o proceso de compra. (woocommerce_recently_viewed)
  • Cookie para que o xestor de contidos WordPress comprobe se o navegador ten as cookies activadas. (wordpress_test_cookie)
  • Cookies utilizadas para personalizar a interface do usuario. (wp-settings-1, wp-settings-time-1)
  • Cookies descoñecidas (wp-saving-post-1, wp-saving-post-100, wp-saving-post-103, wp-saving-post-1331, wp-saving-post-1404, wp-saving-post-1421, wp-saving-post-167, wp-saving-post-2, wp-saving-post-2000, wp-saving-post-2008, wp-saving-post-2009, wp-saving-post-2138, wp-saving-post-2585, wp-saving-post-2641, wp-saving-post-2658, wp-saving-post-2661, wp-saving-post-2663, wp-saving-post-2665, wp-saving-post-2668, wp-saving-post-2669, wp-saving-post-2670, wp-saving-post-2672, wp-saving-post-2673, wp-saving-post-2674, wp-saving-post-2676, wp-saving-post-2677, wp-saving-post-2680, wp-saving-post-2685, wp-saving-post-2689, wp-saving-post-2692, wp-saving-post-2693, wp-saving-post-2694, wp-saving-post-2696, wp-saving-post-2698, wp-saving-post-2699, wp-saving-post-36, wp-saving-post-38, wp-saving-post-42, wp-saving-post-434, wp-saving-post-47, wp-saving-post-49, wp-saving-post-532, wp-saving-post-538, wp-saving-post-545, wp-saving-post-587)

Este sitio web utiliza as seguintes cookies de terceiros:

  • Google Analytics: Almacena cookies para poder elaborar estadísticas sobre o tráfico e volume de visitas de esta web. Ao utilizar este sitio web está consentindo o tratamento de información acerca de tí por Google. Por tanto, o exercicio de calquera dereito en este sentido deberá facelo comunicando directamente con Google.
  • Redes sociais: Cada red social utiliza as súas propias cookies para que podas pinchar en botóns do tipo Gústame ou Compartir.

 Desactivación ou eliminación de cookies

En calquera momento poderás exercer o teu dereito de desactivación ou eliminación de cookies de este sitio web. Estas accións ealízanse de forma diferente en función do navegador que estés usando. Aquí deixámosche unha guía rápida para os navegadores máis populares.

 Notas adicionais

  • Nin Xiro nin os seus representantes legais se fan responsables nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que podan ter os terceiros mencionados en esta política de cookies.
  • Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e dende este lugar debes efectuar o teu dereito á eliminación ou desactivación das mesmas. Nin esta web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.
  • En alguns casos é preciso instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non aceptación das mesmas.
  • No caso das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores ubicados en Estados Unidos  comprométese a non compartirla con terceiros, excepto nos casos nos que sexa necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue a tal efecto. Según Google non garda a súa dirección IP. Google Inc. é unha compañía adherida ao Acordo de Porto Seguro que garante que todos os datos transferidos serán tratados con un nivel de protección acorde á normativa europea. Podes consultar información detallada a este respecto en este enlace. Se desexas información sobre o uso que Google dá ás cookies adxuntámosche este outro enlace.
  • Para calquera dúbida ou consulta acerca de esta política de cookies non dubides en comunicarte con nós a través da sección de contacto.

NULIDADE

En caso de que calquera cláusula das presentes Condicións de Uso sexa declarada nula, as demáis cláusulas seguirán vixentes e se interpretarán tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes Condicións de Uso.

O PROPIETARIO poderá non exercitar algun dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia ós mesmos salvo recoñecemento expreso por parte do PROPIETARIO ou prescrición da acción que en cada caso corresponda.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO

O PROPIETARIO resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do Sitio Web, así como as presentes Condicións Xerais. Por elo, O PROPIETARIO recomenda ó Cliente lelas atentamente cada vez que acceda ó Sitio Web.

Clientes e Usuarios sempre disporán destas Condicións de Uso nun sitio visible, libremente accesible para cantas consultas queira realizar. En calquera caso, a aceptación das Condicións de Uso será un paso previo e indispensable á adquisición de calquera produto dispoñible a través do Sitio Web.

 

Actualizado o 25/05/2018