O cultivo de algodón ecolóxico ou orgánico emprega métodos e materiais que teñen un baixo impacto sobre o medioambiente.
A través de sementes non modificadas xenéticamente (non transxénicas), sen o uso de produtos químicos agrícolas sintéticos como fertilizantes ou pesticidas.
¿Qué significa agricultura orgánica?
Agricultura orgánica é un sistema de xestión da produción ecolóxica que promove e mellora a biodiversidade, os ciclos biolóxicos e a actividade biolóxica do chan.
Básase nun uso mínimo de insumos externos e nas prácticas de xestión que restablecen, manteñen e aumentan a armonía ecolóxica.

Rotación de cultivos de algodón ecolóxico
¿Por qué algodón orgánico?
O algodón foi cultivado durante máis de 6.000 anos e na actualidade atópase á cabeza dos cultivos de fibra. Según as técnicas empregadas, son necesarios entre 5.400 e 19.000 litros de auga para producir un kilo de algodón convencional. É lider tamén en utilización de químicos e crea un grande impacto en aire, auga, chan, saúde das persoas e das zonas algodoneiras.
O método de cultivo do algodón orgánico protexe a calidade do auga subterránea, reduce os insectos e as enfermedades mediante a manipulación do ecosistema.
Os cultivadores de algodón orgánico preveñen as pragas mediante a plantación dun habitat beneficioso. Isto elimina o uso de produtos químicos tóxicos que se empregan normalmente para fabricar algodón convencional.
Os cultivos orgánicos de algodón producen máis materia orgánica, terra vexetal máis grosa e reduce a ruptura do módulo, o que reduce a erosión do chan.
Alguns datos significativos

Diferentes pesticidas tóxicos para o cultivo de algodón
Pegada de carbono: Un acre de algodón orgánico en lugar de unha hectárea de algodón convencional reduce a liberación de CO2 por 2 toneladas ó ano.
Algodón convencional -que se planta en menos do 3% da terra cultivada do mundo – emprega ó redor do 25% dos insecticidas do mundo e máis do 10% dos pesticidas do mundo.
1/3 de libra de químicos agrícolas é normalmente empregado na produción dunha única camiseta de algodón.
Redución de enfermidades e mortes por envelenamento e/ou cancro: OMS estima que cada ano os pesticidas envelenan ó menos 3 millóns de persoas e mata a 20-40.000 persoas.
Perigo para a saúde: De acordo coa Axencia de Protección Ambiental de EEUU, 7 dos 15 principais pesticidas empregados nos cultivos de algodón son potenciais ou coñecidos carcinógenos humanos. Entre estes pesticidas podemos atopar: cianuro, Dicofol, Naled, Proparguita e Trifularin, coñecidos como químicos causantes de cancro.
Evita o escurrimento de praguicidas contaminantes: En 1995 o escurimento de pesticidas contaminados procedentes dos campos de algodón de Alabama matou a 240.000 peixes e, na actualidade, estímase que matan involuntariamente 67 millóns de aves cada ano.
Fotos:
1 – by indiawaterportal.org
2 – Rotación de cultivos by Polska Zielona Sieć
3 – by REdUSE
Artigo:
Este artigo por Xiro Atlantic Denim
sdistribúese baixo unha Licenza
Creative Commons Atribución-NonComercial
4.0 Internacional.