Amig@s, non deberiamos deixar de preguntarnos a procedencia da roupa que compramos. ¿Queremos que para chegar ó armario os nosos pantalóns percorran medio mundo? ¿Aceptamos o modelo de produción basado na subcontratación a países pobres? Querémosvos ensinar cales son os tecidos e complementos que levan os ecojeans Xiro e de onde veñen.
ORIXE DOS COMPLEMENTOS
Como sabedes, o 100% da roupa Xiro confecciónase en Galicia, en talleres que visitamos e coñecemos. Pero en canto ós materiais non sempre nos podemos abastecer de unha forma local, ó menos de momento. Non consideramos éste o caso dos nosos botóns, que aínda tendo a súa orixe nunha localidade do norte de Portugal, atópase a uns 100 km. do noso espazo de traballo.
Estivemos investigando e tocando unha chea de portas na procura dunha etiqueta traseira libre de materiais sintéticos ou de orixe animal. Para a nosa sorpresa descubrimos un proveedor na Comunidade Valenciana de jacron, un papel que resiste os lavados e que imprimimos nós mesmos con unha imprenta Adana.
Seguendo esta liña artesanal e local, a etiqueta de produto é tamén estampada en imprenta Adana sobre cartón reciclado.
Por último, os nosos ecojeans para muller teñen cremalleiras de algodón orgánico sen tintar (banda textil) procedentes de Brescia, Italia.
ORIXE DOS TECIDOS
A cousa cambia cando nos referimos á tela. O algodón é unha fibra que se cultiva en países tropicais e subtropicais e posteriormente debe seguir un proceso de fiado e tecedura para convertirse no tecido final en instalacións especializadas. En España temos o caso de Andalucía onde se está comezando a producir algodón cultivado de forma ecolóxica.
A este proceso de conversión da fibra vexetal en tecido hai que engadirlle os tinguidos. Recentemente en Xiro comezamos a traballar con denim orgánico italiano, cuxa calidade ven avalada por máis de 75 anos de experiencia na fabricación de este tipo de tela.
Resumindo...
Tecido Denim 12.5 oz.: Milan – ITALIA
Tecido Denim 11.5 oz. & Forro peto: İzmir – TURQUÍA
Botóns e Remaches: Vila Nova de Famaliçao – PORTUGAL
Cremalleira Algodón orgánico y Zinc: Brescia – ITALIA
Fío: Gutach im Breisgau – ALEMANIA
Etiquetas Jackron: Comunidad Valenciana – ESPAÑA
Etiquetas Papel: Moaña, Pontevedra – ESPAÑA
Confección e Patronaxe: Boqueixón, A Coruña – ESPAÑA