Deslocalización: una realidad indigna

A deslocalización da produción permitíu que as grandes empresas multinacionais, a partir de los anos 70, levasen a súa produción alá onde os salarios eran máis baixos, as condicións laborais máis precarias e onde os sindicatos estaban máis perseguidos. Gran parte da cadea de produción das empresas de moda lévase a cabo coa contratación de outras empresas (subcontratas) que teñen que competir en tempos e prezos por conseguir os pedidos, co consecuente empeoramento das condicións sociais e medioambientais.

A globalización provoca que o sector da moda busque sempre os custos máis baixos, e por tanto, quen eleve os salarios mínimos expónese a perder as inversións estranxeiras.

Deslocalización

Deslocalización

A industria téxtil é un dos sectores que mellor representa esta tendencia que se consolidou a nivel internacional durante as últimas décadas. A primeira gran oleada de deslocalizacións do sector da confección tivo lugar nos 70 e tivo como países receptores Corea do Sur, Taiwán, Singapur, Hong Kong e Túnez.

A partir dos anos 80 co empuxe das políticas neoliberais e a febre do libre comercio iniciouse unha deslocalización masiva da produción de roupa. As principais firmas de moda e de roupa deportiva foron pioneiras na subcontratación da súa produción a países empobrecidos co fin de abaratar os custos laborais.

Deslocalización

A deslocalización da produción de roupa a países económicamente empobrecidos acelerouse nos anos 90, momento no que se consolidou un modelo de negocio caracterizado pola subcontratación de proveedores.

Os países nos que se instalou este tipo de industria nos últimos anos caracterízanse por estar endebedados coa banca privada e con organismos internacionais. Isto provoca que estas institucións asesoren e presionen ós gobernos para aplicar plans de axuste encamiñados a orientar as sús enonomías cara a exportación, poñendo a competitividade internacional por diante da situación das persoas traballadoras.

A realidade das condicións laborais na industria da confección queda lonxe do obxectivo internacional de traballo decente para todos os homes e mulleres do mundo. Traballo decente é o termo empregado pola OIT, e significa o dereito de toda persoa a traballar en condicións de liberdade, igualdade, seguridade e dignidade humana.
 
A causa da deslocalización da produción a países con salarios baixos, a industria benefíciase da falta de aplicación de leis que regulan salarios, condicións de traballo e dereitos laborais.
 
É máis, os esforzos das traballadoras para aumentar os seus ingresos a miúdo conducen a que as empresas de moda e os grandes minoristas trasladen a produción a calquera outra parte, de maneira que con frecuencia teñen medo de loitar por mellores salarios por temor a perder os seus postos de traballo.

A constante ameaza da deslocalización convertíuse nunha arma moi potente para evitar que as traballadoras(es) se organicen en sindicatos y esixan soldos dignos.

Deslocalización

Salario mínimo de un/unha traballador/a do téxtil

O 80% dos traballadores do téxtil e confección son mulleres, e cada vez máis viven nos países do Sueste asiático, a India  Europa do Leste. Estes países atraen as inversións do sector coa súa vantaxe comparativa: os salarios baixos, as xornadas extenuantes e unas pésimas condicións de seguridade e hixiene.

Como referencia os 1021 PPP$ para 2015 (Purchasing Power Parity dollars) que a Asia Floor Wage Alliance  (Alianza por un salario digno en Asia) calcula son necesarios para cubrir as necesidades básicas. No caso de Camboya, o recente incremento do salario mí­nimo a 115 en 2015 e 126 euros mensuais en 2016 queda aínda lonxe do mínimo que a Asia Floor Wage Alliance estima en 360 €. Este incremento foi, sen embargo, o froito de unha longa e sanguenta loita.

€/mes

BANGLADESH

€/mes

CAMBOYA

€/mes

CHINA*

€/mes

BULGARIA

*Media dos Salarios Mínimos Interprofesionais existentes nos principais lugares de produción da industria textil china. China non establece un salario mínimo para toda a nación. En lugar de iso, a tarefa de fixación dos salarios mínimos delégase ós gobiernos locais que á súa vez os dividen en varias clases.

A moda e a súa estrutura

A día de hoxe, o textil é, tal vez, o sector da economía global no que se reproduce de maneira máis gráfica a estrutura de produción e comercialización do sistema económico capitalista na súa fase de globalización.

O algodón e outras fibras viaxan ós talleres textiles do sueste asiático, a India ou Marruecos…

…onde as traballadoras, na súa gran maioría mulleres, cosen as prendas en lamentables condicións laborais, de seguridade e hixiene.

Os donos dos talleres venden as prendas ás grandes firmas da moda internacional…

…que comercializan os seus exclusivos deseños nos escaparates de París, Madrid ou Milán.

Xa é suficiente

O 24 de Abril, con motivo do Fashion Revolution Day, as personas preocupadas poas condicións na industria textil lanzamos unha pregunta que nos parece imprescindible e que animamos a todo o mundo a facerse: Who-made-my-clothes

 

¿Quén fixo a miña roupa? Sé curios@, averigua, fai algo.

Be-curious

Fontes:  Carro de combate      Campaña Ropa Limpia

Fotos: Informes de CCC (Clean Clothes Campaign) – Traballadoras(es) camiño á fábrica: CCEL // Traballadora 1: CCC (Living Wage Now! Magazine) // Traballadora 2: Will Baxter //  Dormitorios de traballadores na provincia de Guangdong: Julio Etchart (Breathless for Blue Jeans)