Ecohostel Arroas: Mochilas, petiscos, natureza e mamíferos marinos

Viaxeiros e amantes da natureza, habemus ecohostel! Hostel en Galicia.

Si buscas un plan para as vacacións que inclúa praia, monte, natureza, cidade, deportes e aloxamento nun sitio bonito, non podes deixar de coñecer Arroás ecohostel. Enmarcado nun fermoso entorno, nas rías baixas, este hostel con nome de golfiño ofrécenos unha estancia do máis eco que te podes atopar.

Ecohostel Arroas & Xiro
Ecohostel Arroas & Xiro

Os seus anfitrións, Suso e Adrián, viaxeiros, usuarios e traballadores neste tipo de espazos, abren as portas deste lugar, tan innovador como necesario, no que todo o que se fai é respetuoso co medioambiente. Apostan por productos ecolóxicos e/ou de proximidade. Teñen snacks eco, café de cápsulas biodegradables (eco e de comercio xusto), as hortalizas e as cervexas veñen de pobos cercanos. Tamén teñen opcións de limpeza que non danan ao medio e separan os residuos para unha correcta reciclaxe.

Ecohostel Arroas & Xiro

Siguen unha filosofía vegana, e nos almorzos non sirven productos de procedencia animal, que ademais da inxustiza e sofremento que causan, a gandería a grande escala é unha das industrias máis contaminantes que existen.

Ecohostel Arroas & Xiro
Eco hostel Arroas & Xiro

As súas inquietudes non só se aplican ao espazo ou productos, senón ao que nos queren transmitir desde este proxecto” Nos gustaría propor dende o hostel un tipo de turismo achegado á natureza, pero sempre con respeto e cariño, non un turismo de explotación senon de aproveitamento das posibilidades naturais que temos na zona”
Si ves a Arroás poderás desfrutar das súas alegres e acolledoras instalacións: cociñar nun lugar cheo de vida e cor, leer ou intercambiar libros, tomar un café na zona chill out ou un viño local na terraza.

Ecohostel Arroas & Xiro
Ecohostel Arroas & Xiro
Eco hostel Arroas & Xiro

Outros servizos que ofrecen son aluguer de bicicletas, unha barra de ordenadores con acceso gratuito a internet, punto de luz e enchufe en cada cama e taquillas.

Ecohostel Arroas & Xiro
Ecohostel Arroas & Xiro
Ecohostel Arroas & Xiro

Con respecto á sua situación, podemos dicir que é inmellorable. Na zona hai supermercados, farmacias, bancos, bares e en tan só uns minutos te podes achegar ó Casco Histórico da vila onde está a zona de tapeo máis concurrida. Cangas é coñecida polo número de praias das que dispón e dende o hostel, ben sexa a pé, en bicicleta ou con vehículo, as opcións son múltiples.

 

A dous minutos a pé, está o porto de Cangas, onde se concentran tódolos medios de transporte do pobo e saen barcos regulares cara :
Vigo centro (cada media hora desde as 7:00 ata as 22:00)- tempo de recorrido: 15 min.
http://www.turismodevigo.org/

Illas Cíes (según temporada)

https://www.ecosia.org/images?q=islas+cies

*consultar horarios de barco

Eco hostel Arroas & Xiro

Nas proximidades existen varias actividades: visitas guiadas a pé gratuitas polo casco histórico, visitas guiadas ó Monte do Facho, a fábrica de Massó… e outras cousas como bautizos de submarinismo, escolas de surf e windsurf, etc.
Desde o propio ecohostel tamén temos a posibilidade de facer unha excursión a Donón para ver o fermoso solpor de Cabo Home mentres tomamos un petisco.

Xiro & Eco Hostel Arroas 10

Ecohostel Arroas & Xiro

Como vedes, hai un mundo de posibilidades por explorar. Despois de facer tantas cousas só quedan ganas de meterse na cama e coller forzas para o día seguinte.

Ecohostel Arroas & Xiro
Eco hostel Arroas & Xiro
Ecohostel Arroas & Xiro

Fotografía: Emma Ovín
Apoio técnico: Martiño Villaverde
Modelos: Javi e Suso
Vestiario e complementos: Vaidhé
Localización: Ecohostel Arroas, Rúa de Seixo 18, Cangas do Morrazo (Galicia)

hostel