Onde e como está feita esta camiseta galega.
Así que queremos saber e mostrar en qué lugares se producen os procesos da roupa que compramos e fabricamos. Ante a invasión de opacidade no textil debemos ler e preguntar moito. A transparencia faranos ceibes!
Aquí temos a trazabilidade da camiseta galega It’s Not About Fashion porque…non soamente é moda, é parte de ti. É a nosa forma de transmitir a nosa filosofía en canto á moda dun xeito global e tamén rexional (moitas ganas temos de facer unha camiseta no noso idioma).
FABRICACIÓN
Confecciones Maime
(Sergude, Boqueixón – A Coruña)
IMPRESIÓN
El Taller Impresiones Serigráficas
(Poio, Pontevedra)
El Taller empregou tintas que Soil Association aproba que satisfacen os requisitos da norma GOTS 4.0 (ver certificado)
DESEÑO
Xiro, Martiño Villaverde & Marcela Orozco
(Moaña, Pontevedra)
MATERIAIS
Tela (Algodón cultivado e tecido por):
Silk’N Fab e Organic Textile Company
(Haryana, India)
Certificado GOTS (ver)
Fío: Kupfer
(Ansbach, Alemania)
Certificada IVN Best Esta norma define actualmente o nivel máis alto de sostibilidade do sector téxtil. (ver certificado)
O produto final non goza de certificación así como algún día nos gustaría facelo. Traballamos con talleres que consideramos que cumpren ou elevan os requisitos da norma GOTS en canto a materia social. Como estes talleres son a nivel local (nun radio de 100 km. de Xiro) visitámoloss regularmente e os coñecemos persoalmente. Isto permítenos comprobar de primeira man a situación das súas labores.

Non se trata de moda, ela manéxate a ti, exíxeche, apúrache, desapróbate e impideche, condúcete á súa vontade…trátase de ti, de tomar tí as decisións, de manexar a túa forma de vestirte e coidar as túas prendas persoais como queiras e canto queiras. É parte de ti, é o valor que damos a estos queridos obxectos e ó esforzo que levan detrás.

