Lavar ou non lavar teus jeans. Algúns consellos

Antes de entrar en materia, cabe aclarar que hai opcións intermedias entre non lavar nunca teus jeans e facelo despois de cada uso. A continuación imos intentar aclarar este tema tan confuso, abarcando como se fan normalmente os lavados tendo en conta o tipo de vaqueiro que teñamos e as nosas propias preferencias. Isto non quere dicir que haxa que facelo desta forma necesariamente, pero sí é importante telo en conta para saber como se comportarán os nosos pantalóns e poder sacarlles o máximo partido.

Lavar jeans según as características do tecido

Jeans raw sanforizados (pre encollidos)

Primeiro lavado antes de usar: enche unha tina con auga fría, dalle a volta aos vaqueiros (de dentro hacia afora), mergúllaos durante dúas horas e despois ponos a secar ao aire libre sin expoñer directamente ao sol. Neste paso podes engadir unha taza de vinagre e outra de sal para minimizar a transferencia de cor típica neste tipo de jeans.

Os seguintes lavados faranse segundo as túas preferencias, pero por norma xeral si se escolle un pantalón deste tipo soe lavarse o menos posible, con deterxentes ecolóxicos, sempre en auga fría, ciclos delicados e secado ao ar.

Seguir esta recomendación no lavado, entre outros consellos, é un paso importante para alongar a vida dos teus vaqueiros raw.

** Este tipo de jeans son os que por norma xeral atoparás na nosa tenda online

Jeans raw sin sanforizar ( denim seco): 

Os pasos a seguir son os mesmos que para os vaqueiros sanforizados, coa excepción de que o lavado previo ao uso debe facerse en auga quente. Aqui hai que ter moi en conta que ao lavar vaise a producir un encollemento de aproximadamente unha talla, debido a que son pantalóns sen tratamento de pre encollido.

Jeans negros

Este tipo de vaqueiros non require un lavado previo ao uso.

Xeralmente búscase que o negro non se aclare rapidamente, e soese lavar o menos posible, con detergentes ecolóxicos,  en ciclos delicados e engadindo unha taza de vinagre en cada lavado, que nos axudará a manter a cor.

Jeans lavados de forma industrial

Soen lavarse na lavadora, porque o degradado de cor foi feito xa mediante una gran variedade de técnicas de tratamento e non vai a haber moita diferencia entre lavalos de unha forma ou outra.

Lavar jeans segundo a estética que buscas

Si queres ter contrastes moi marcados entre branco e azul debes escoller jeans raw (sanforizados ou non sanforizados) e espaciar os lavados tanto como sexa posible, mentres que si queres que o desgaste sexa uniforme, podes lavar máis de cotío .

Si os teus jeans xa pasaron pola lavandería en fábrica non será posible conseguir contrastes marcados, polo que o lavado que fagamos non influirá no resultado final.

**O que soemos recomendar desde Xiro é un lavado previo nos modelos Raw (tódolos dispoñibles agora mesmo na nosa web) para alongar a vida dos jeans. Para os lavados posteriores inclinámosnos por opcións intermedias.

Non lavar NUNCA teus jeans fará que a durabilidade da prenda se vexa moi afectada, xa que a suciedade, o suor e outras bacterias poden debilitar as fibras de algodón acelerando os buracos e roturas. Xa está demostrado que o conxelador (ao menos o que temos na casa) non é suficiente para acabar coas bacterias, asique este método queda descartado. Si pese a todo, prefires non lavalos porque che gustan os contrastes moi marcados, sempre podes reparar, parchear, customizar… e isto fará que os teus jeans sexan únicos e teñan unha longa vida igualmente.