Longa vida ós teus vaqueiros ecolóxicos

¿Cánto van durar os meus vaqueiros ecolóxicos?

Esta é unha das preguntas que máis nos facemos antes de comprar vaqueiros novos. Máis aínda se estamos apostando por vaqueiros ecolóxicos para facer un consumo máis responsable e respetuoso co medio.

O primeiro que debes ter en conta é que o que vai facer que queiras ter unha prenda durante moito tempo tamén depende do valor que lle des: cómo te sintes con ela, se che resulta cómoda, se lle das un uso regular… polo que o primeiro é acomodar esa prenda a ti. Quizais é moi sobria e precisa customización, quizais necesites meter ou sacar nalgunha zona, subir os baixos para adaptarla ó longo desexado…

Sempre que vaias a intervir nos teus vaqueiros ecolóxicos recomendamos LAVAR PRIMEIRO (despois de probar e corroborar que o talle é o correcto) xa que a maioría dos nosos tecidos son raw denim, sen tratamentos posteriores e encollen un pouco (1-2%) co primeiro lavado, ó mesmo tempo que o tecido abranda e se fai máis moldeable. Desta forma o teu arranxo quedará perfecto.

Vaqueiros ecolóxicos

Lavados

Para os lavados podes consultar a nosa guía aínda que a nivel xeral a nosa recomendación é espacialos tanto como sexa posible (para reducir o impacto ecolóxico da prenda), empregar deterxentes ecolóxicos menos agresivos e facelos sempre coa prenda do revés e roupa escura na lavadora en frío ou a non máis de 30 grados.

Durabilidade do tecido

Na durabilidade do tecido inflúen a calidade do mesmo e o peso (a maior peso (o denim soe vir en onzas), maior durabilidade, pero tamén maior tempo de “domesticación” para que se amolde ó corpo). Ademáis disto, os nosos movementos inflúen no desgaste de aquelas zonas que rozamos con máis frecuencia, provocando que a tela abrande ou rompa antes do desexado.

Se xa detectaches cales son os puntos fracos nas túas prendas, sería recomendable reforzalas antes de que o tecido esté moi deteriorado. Isto permitirá que os teus vaqueiros duren moito máis tempo.

En Xiro proporcionarémosche un kit de reparación cun anaco do noso tecido, fío da cor do modelo que vaias reparar e agulla por se te animas a facelo a man. Con este kit e un pouco de adicación seguro que os teus vaqueiros terán unha longa vida.

Vaqueiros ecolóxicos
Vaqueiros ecolóxicos

Cómo parchear

Antes de parchear debemos marcar a zona de tela que está deteriorada e cortar o parche máis grande que esta zona, de forma que collamos un bo anaco de tecido san que nos vai servir de suxeito para que o reforzo sexa realmente duradeiro.

Unha vez cortado, poñémolo enriba da parte que imos reforzar, sempre na parte interior do pantalón. Se imos facelo a man ou simplemente queremos asegurar que o parche non se mova, podemos poñer un anaco de fiselina adhesiva (sempre de maior tamaño que o parche) que pegaremos co ferro de pasar.

Agora (con ou sen fiselina/a man ou a máquina) podemos comezar a coser en zigzag dun extremo a outro con puntadas pequenas. O que buscamos é suplir o tecido que falta con estas puntadas.

Seguindo estas simples recomendacións poderás disfrutar dos teus Xiro durante moito máis tempo e convertilos en vaqueiros ecolóxicos infinitos

Vaqueiros ecolóxicos

Vaqueiros ecolóxicos Xiro.