O cultivo ecolóxico de algodón e os agricultores

O cultivo ecolóxico ou orgánico dalle ós agricultores e ás súas familias a oportunidade de vivir con seguridade e gañar un salario máis xusto.

Cultivando orgánico

Orgánico significa que se cultiva sen o uso de pesticidas dañinos, usando trampas de feromonas, rotación de cultivos, recolección manual dos insectos e repelentes naturais.

Agricultores de Agrocel desarrollaron métodos de cultivo naturaiss e pesticidas naturais para controlar as pragas. Chile, neem, allo e xabón en lugar de produtos químicos caros e perxudiciais.

¿Cómo repercute o cultivo ecolóxico na vida dos agricultores?

Isto permite ós agricultores cultivar alimentos e manter ós animais en lugar de ser dependentes de costosos produtos químicos e fertilizantes.
Ellos reciben más por su cosecha y los costos de insumos son más bajos.

Como ocorre en algunhas cooperativas de agricultores, pódense destinar medios ó desenvolvemento social, económico e ambiental das comunidades. Retomando o exemplo de Agrocel, unha organización creada para servir á comunidade agrícola na India, os agricultores reciben unha pensión, seguro de saúde e bos servizos médicos. Págaselles prima polo algodón orgánico e de comercio xusto.

Estas primas fan gran diferenza:

  • Financiación de auga limpa para beber e bañarse.
  • Mellora das escolas locais.
  • Apoio dun plan de aforro para as mulleres agricultoras que as capacita en educación financieira (axuda ó aforro e á planificación de futuro).

Cultivo ecolóxico. EnricoRimaIndia10

Visita de proveedores.
Foto: Enrico Rima

Lake-(-indiawaterportal.org)

Algunhas repercusións no entorno

Ó non empregar métodos dañinos nen produtos con sustancias químicas perigosas no cultivo ecolóxico, os ríos están limpos, o ambiente descontaminado, a tierra está sana e fértil e os seus froitos saudables.

Os pastores viaxan ós campos de algodón e as súas ovellas pastan despois de que a colleita foi recollida. Así repoñen o chan co seu esterco e inxiren alimentos seguros.

Os nenos non poderían xogar ou recoletar froitos alí se, como ocorre nun cultivo convencional, estuvese contaminado por pesticidas, fertilizantes e venenos perigosos.

Cultivo convencional e Agricultor/Entorno.

Imaxina traballar sen equipo de protección, ter que rociar continuamente con venenos letais que causan terribles enfermedades, depresión e morte. Entre os efectos a longo prazo que afectan ós humanos atópanse o cancro, danos no sistema inmunolóxico, enfermedades respiratorias, transtornos no sistema nervioso e defectos de nacemento.

Temos que tomar consciencia do dano que facemos á xente de países menos favorecidos que cultivan algodón e teñen que depender dos praguicidas.
Miles morren cada ano. Viven unha vida miserable inmersos nunha espiral de débeda:

  • As pragas acumulan resistencia ós produtos químicos.
  • O agricultor pide prestado diñeiro para comprar máis produtos químicos que antes.
  • O agricultor recibe menos beneficios dos cultivos.
  • Isto repítese ata que o agricultor é indixente. Mentres os usureiros, especuladores e grandes corporacións enriquécense.

March-Against-Monsanto-(Stephen-Melkisethian)

En algunhas partes da India os químicos agrícolas ocupan máis dun 60% do presuposto da producción deo agricultor. Só en Maharashtra, o gobierno estima que máis de 1000 agricultores se suicidaron dende 2001 porque estaban irrevocablemente en débeda.

A maioría das pragas desenvolveron unha inmunidade a estes produtos en 5-6 anos. Obrigando ás empresas a desenvolver produtos químicos máis fortes.

Todas esas sustancias poñen en perigo a vida dos agricultores e as súas familias a diario e, potencialmente, podrían ser un perigo para todos os seres humanos que empregan os produtos de algodón, xa que conteñen trazas de toxinas que nunca son eliminadas.

Claro que se pode facer algo

Non podemos permitir que a xente morra para que nós poidamos ter unha nova camiseta de algodón.

A maioría de estos agricultores teñen 4 ou 5 acres. Permitíndolles cultivar orgánicamente, eles e as súas familas poden vivir unha vida máis próspera e saudable que permite a rotación de cultivos e a non dependencia de pesticidas e vendedores de fertilizantes.

Kalaivani's bumper cotton harvest (Indiawaterportal.org)

Os agricultores utilizaron algodón de cultivo ecolóxico e Fairtrade como unha maneira de axudar a escapar dos prestamistas, establecer bancos de sementes de algodón orgánico, reconstruir as súas vidas, fortalecer as súas comunidades.

Encarar o consumo con actitude crítica, demandar produtos ecolóxicos, esixir transparencia ás empresas, non deixarse levar por publicidade enganosa e informarse dos perigos que conleva a exposición a sustancias tóxicas, son elementos clave que deberíamos ter en conta se queremos que o noso planeta siga sendo un lugar hablitable.

cultivo orgánico