Os socorridos e resistentes jeans… Un pouco de historia

SXVII. Aparecen prendas de vestir dun tecido resistente de algodón (similar á pana) tinguido en azul índigo chamado fustaneum. Os pantalóns estaban pensados para levar tanto secos como mollados e para poder remangalos e evitar asi que as perneiras entorpeceran os movementos. As vestía a armada da cidade de Xénova. En Inglaterra comezaron a empregar o termo jeans para referirse a estas prendas, aludindo ó nome de esta propia cidade (Genes).

Neste mesmo século un pintor chamado O maestro dos pantalóns vaqueiros azuis descúbrenos a través da súa obra como os vaqueiros xa eran empregados polos traballadores textís do norte de Italia.

Os vaqueiros foron exportados poos mariñeiros xenoveses a toda Europa.
Máis tarde na cidade francesa de Nimes intentan reproducir o fustaneum e crean un novo tecido que seguramente a todxs vos sone moi familiar: o denim (de Nimes). Este tecido era máis groso e inicialmente usábase para confeccionar batas ou gardapós.

En 1860 Levi Strauss descubre o tecido denim e decide que é máis adecuado para a confección das súas prendas, sustituíndoo pola lona que ata ese momento empregaba. É neste momento cando o vaqueiro comeza a parecerse ó pantalón texano que coñecemos hoxe en día.
O seu uso transcende a outros sectores, de forma que comenza a ser empregado por outros traballadores, cowboys e vaqueiros. De aqui o nome.

A súa maior aceptación chega nos anos 60, despois de que actores e actrices de Hollywood o usen de forma habitual como unha prenda de vestir moderna e desenfadada. Consolídase nos 70, para quedarse definitivamente.

Unha prenda que perdura ata os nosos días sen perder o encanto que cautivou a aqueles mozos e mozas dos anos 50, e que despois de tantos anos aínda nos ten namorad@s.