Descripción
Menduíña ven con 3 tecidos diferentes pero co mesmo grado de compromiso no seu deseño. Suprimimos cremalleiras e botóns e engadimos unha banda elástica orgánica que permite certa marxe á nosa talla ademáis de convertilo nun pantalón orgánico 100% que nesta versión “dark” de edición limitada luce un tecido escuro de peso medio.
Algodón Orgánico
O cultivo orgánico combina prácticas tradicionais, innovación e ciencia, e promove relacións comerciais xustas e unha boa calidade de vida a todas as persoas involucradas.
Tecidos

Goma elástica orgánica
Banda de goma elástica orgánica para cintura axustable, eliminando gomas e tecidos pouco sostibles. 65% Algodón Orgánico, 35% Caucho Natural. Sen tinturas, made in Austria e certificado GOTS.
Casual
Folgado e cómodo. Longo por riba do nocello.
Pantalón orgánico 100%
Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.
Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.
Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).