Descripción
O tratamento con ozono é un proceso moi limpo. Por un lado o emprego de auga e enerxía é mínimo, ademáis elimina a necesidade de procesos tóxicos. Por outro lado faise de forma local, o que implica non só o aforro de transportes e CO2, senón que tamén proporciona traballo na nosa comunidade e a posibilidade de comprobar de primeira man que dito proceso cumpre cos nosos requisitos indispensables de benestar laboral.
Ozone Finishing
Ó empregar o aire da atmósfera, reduce considerablemente o consumo de auga e enerxía. Ademáis elimina a necesidade de procesos tóxicos. Lavado en Galicia.
Cores
Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).
Forro do peto sen tinturas.

Go Vegan!
Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo coa nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.
Slim Fit
Pantalón lixeiramente cinguido, estréitase ata o xeonllo e continúa recto ata o nocello.