Descripción
Rodas Slim Fit é o primeiro deseño deste humilde proxecto que produce Moda Ética dende 2014. Éste modelo, é o seu irmán máis azul e sostible. Con un denim mid-weight 12.75 oz. tecido por Candini empregando as tecnoloxías patentadas SAVEtheWATER e Kitotex, cuxo ingredente principal procede de elementos vexetais renovables atopados na natureza como cogomelos e algas. Gracias a éstas, redúcese drásticamente o consumo de auga, produtos químicos e enerxía (CO2) no proceso de produción de tecidos, ademáis, o seu elastano é reciclado!
Raw Denim
É o tecido vaqueiro intacto despois do tinguido: non foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria. Só sanforizado para o pre-encollido.
Un denim moi pouco ríxido de inicio e con un tono medio de índigo gracias á tecnoloxía SAVEtheWATER-Kitotex exclusiva de Candiani, Milan. Certificado GOTS.
Cores
Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).
Forro do peto sen tinturas (Certif. IVN-Best e GOTS)
Etiqueta traseira marrón de papel lavable (vegana)

Elastano reciclado
Elastano premium posible gracias á combinación de elastómero reciclado, unha fibra sostible de nylon reciclado obtida exclusivamente de materias primas rexeneradas. Certificado GRS e GOTS.
Slim Fit
Slim Fit é lixeiramente cinguido, estréitase ata o xeonllo e continúa recto ata o nocello. Un corte moi actual pero sen sacrificar a nosa comodidade.
Moda Ética
Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.
Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.
Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).