Vilar Raw Denim Regular Fit

105,00

Fabricado en Galicia.
Regular Fit.
Tiro Medio-Alto.
13.25 OZ Raw-Denim.
98% algodón orgánico / 2% elastano
Forro petos 100% algodón orgánico
Peche con botóns

O seu corte recto e lixeiramente ancho ó longo de toda a perna recorda a aqueles primeiros jeans que transmitían dureza, modernidade e rebeldía. Agora convertíronse no modelo clásico por excelencia, ideal para os que valoran a comodidade de levar prendas máis folgadas ou para os que prefiren os vaqueiros “de toda a vida”.

Out of stock
Referencia: XJRG-12 Categoría:
 

Descripción

Feito-en-Galicia-100%-Responsible-Wear

Os nosos Raw Denim Regular son vaqueiros galegos de corte recto e un look lixeiramente máis clásico. Con un denim orgánico mid-weight 13.25 oz que co uso irá ablandando e adaptándose ó teu corpo á vez que gañará un marabilloso desgaste natural.

Raw Denim

É o tecido vaqueiro intacto despois da tintura: no foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria.
Permite uns desgastes moi persoais e un proceso de adaptación á forma do teu corpo. Raw Denim italiano certificado GOTS.

Cores

Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).

Forro do peto sen tinturas (Certif. IVN-Best e GOTS)

Vaqueiros galegos

Go Vegan!

Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo coa nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.

Regular Fit

Pantalón de corte recto ó longo de toda a perna.

Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

eco-friendly jeans

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.

Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.

Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).

Carlos leva unha Talla 44

¿Cal é a miña talla?

 

      Talla           Cintura         Cadeira           Muslo    Tiro Dianteiro    Tiro Traseiro    Longo Entreperna   Apertura Perna
40 41 52 29 22,5 35 85 19,5
42 43 54 30 23 36 85 20
44 45 56 31 23,5 37 86 20,5
46 47 58 32 24 38 86 21
48 49 60 33 24,5 39 86 21,5

Medidas en cm. Estirar o pantalón sobre unha superficie plana e medir o ancho de cada parte. As medidas non se corresponden ó contorno pero se prefires este método, multiplica os valores por 2 (excepto Tiros e Entreperna).

 

ENVÍOS, CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

 

ZONA            Envío          Prazo de entrega   Devolución   Cambio     
ESPAÑA PENÍNSULA Gratuíto 1-2 días laborais Gratuíto Gratuíto
BALEARES E PORTUGAL 3 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
CANARIAS, CEUTA E MELILLA 6 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
EUROPA 1 9 € 5-7 días laborais Gratuíto 9 €
EUROPA 2 12 € 5-7 días laborais 12 € 12 €

Resto UE:  18 € | 5-7 días laborais.
Cambios fora de España con recollida gratuíta.
Consulta envío/entrega e cambios/devolucións.

CÓMO PROCEDER CON UNHA DEVOLUCIÓN

1

Infórmanos antes de 15 días dende a súa recepción que o produto quere ser devolto ou cambiado e as razóns de dita devolución. Poderás facerlo via email a info@xiroeco.com, via teléfono ó 886 126 339 ou mediante o formulario de atención ó cliente.

2

Envolve o produto en perfectas condicións empregando o mesmo envoltorio no que foi recibido, conservando o seu etiquetado orixinal.

3

Xiro programará unha recollida no teu domicilio que se realizará ó cabo de 1 día laboral despois de que nos deixes o teu aviso. Indícanos un horario con unha marxe mínima de 2 horas para coordinar co/a mensaxeiro/a.**

4

Unha vez recibido e comprobado procedemos ó reembolso íntegro (para fora de España exceptuando gastos de envío). No caso de que a túa devolución débase a un cambio, faremos o envío da nova talla solicitada de forma gratuíta (para fora de España previo pago do envío de volta).

* Podes xestionar o envío dende a empresa de mensaxería que ti escollas, se así o prefires. Para elo debes seguir soamente os pasos 1 e 2 deixándonos un aviso. Neste caso os custes de envío corren a cargo do cliente.

Para información máis detallada consulta Cómo comprar en Xiro.