Raw-denim significa literalmente denim crudo, é dicir, o tecido no seu estado máis puro, recén saido do telar e do proceso de tinguidura, non foi lavado ou tratado.

Conserva o seu color índigo orixinal, é máis ríxido, e co uso adquire un aspecto menos uniforme do que estamos acostumbrados. Isto é o que fai que o raw-denim sexa tan especial, a forma en que a cor se desenrolará en función do teu uso, hábitos e estilo co paso do tempo.

O sanforizado e o encollemento.

Alguns consideran que únicamente ó denim salido directamente do telar se pode chamar raw denim. Outros inclúen o sanforizado ou pre-encollido, un proceso que expón o denim á auga e ó vapor para reducir a cantidade de encollemento que pode ocorrer despois do primeiro lavado.

O denim non sanforizado refírese a miúdo como “dry” (“seco”) posto que non foi exposto á auga ou ó vapor en absoluto. Pero o denim sanforizado, que non foi sometido nin lavado, aínda cae baixo o paraugas do raw-denim posto que mantén o proceso de amoldamento ou “domesticación” ó igual que os seus resultados de desgaste.

No seu primeiro lavado, un denim sanforizado reducirase aproximadamente nun 1-2%, mentras que o non sanforizado ata un 10%. Nste caso, Xiro emprega denim sanforizado en todolos seus deseños polo que escoller a túa talla estándar é unha opción segura, xa que o encollemento é mínimo e co tempo todolos jeans se estiran ó redor da cintura.

Por qué o raw-denim é máis ecolóxico?

Hoxe en día xa existe tecnoloxía sostible que permite lavar e desgastar os vaqueiros sen que isto conleve un gran impacto medioambiental nin teña repercusións negativas na saúde dos traballadores e traballadoras, nembargantes consideramos que o raw denim ten un plus eco, xa que se evitan procesos posteriores supoñendo un aforro de auga, de enerxía e de sustancias químicas.

Existen moitos tipos de tratamentos para os jeans, pero en definitiva non fan outra cousa que desgastalos por nós. Ó cabo dun uso prolongado conseguiremos uns resultados similares (abrandado, decolorado, rotos, desgarros,…) sen restarlle tempo de vida.

New Ozone Finishing Xiro

Cómo domar os teus jeans

Preferes ir pola via rápida? Non é tan guapo pero sen problema! Un paso pola lavadora (dalle algún uso antes!) abrandará a rixidez inicial do tecido pero desbarataremos a posibilidade de conseguir os desgastes propios do raw denim. Éstes serán máis uniformes.

Tamén o podemos facer dunha forma totalmente natural e é que para domesticalo e suavizarlo tan só se necesitan as túas propias aventuras e andanzas. Tardará un tempo en abrandar, o raw denim pode tender a sentirse algo inconfortable cando a súa gramaxe é heavy, simplemente porque non se lavou nin suavizou. Os nosos jeans en xeral teñen unha gramaxe media polo que non será para tanto. As vantaxes son que o tecido vaise amoldando ó teu corpo e, como xa mencionamos, a cor vaise desgastando máis polas zonas máis “activas” do teu corpo.

Ah! un rápido remollo inicial (en frío) antes de poñerte os vaqueiros realmente pode axudar, eliminará parte do amidón. É posible que gracias a isto duren máis 🙂

Vaqueiros ecolóxicos

Os primeros pasos duns raw denim son importantes, pero depende das túas preferencias. Os tempos son flexibles e o uso de lavadora é totalmente válido. Aínda así, imos ver cal sería o tratamento ideal nestes inicios:

Primeiro lavado ós 3-6 meses. Máis ben segundo o uso que se lle dé ó pantalón e o necesario que cada un ou unha considere. É importante retrasar un pouco este primeiro lavado porque:

-Non interrompemos o proceso de adaptación da prenda ó corpo de cada un.

-A cor orixinal permanece, provocando un maior contraste entre éste e os desgastes que se van producindo por mor de rozaduras, posturas e movementos que realizamos no noso día a día.

¿cómo facelo?

  1. Cubrimos o fondo da bañeira con unha capa de auga tibia.
  2. Botamos medio tapón de deterxente (preferiblemente ecolóxico)
  3. Damos a volta ós nosos ecojeans e introducímolos na bañeira.
  4. Deixámolos en remollo durante unha hora. Podes poñer pesos enriba para que queden totalmente somerxidos. Axitamos de vez en cando (opcional). Non te preocupes se a auga queda turbia.
  5. Baleira a bañeira e enxauga os jeans con auga fría para quitar o xabón.
  6. Tender ó aire libre ou preto dunha ventá evitando exposición directa e prolongada ó sol. É importante que o pantalón quede o máis extendido posible, evitando dobreces e enrugas que non nos interesa que queden marcadas.

Non teño tempo para isto, estragarei todo se uso a lavadora? Fixémolo moitas veces e os resultados son bos. Só recorda poñela a 30º con roupa escura e un ciclo delicado.

raw-denim

Contrastes ou durabilidade? Qué a miúdo lavar os teus raw denim

Despois do primeiro lavado, ti elixes canto tempo deixarás entre os seguintes, pode ser 1 mes, 2, 3,… Quizáis o que che importe non sexan os contrastes, senon que os jeans permanezan escuros.

O que debes ter en conta é que canto máis laves os teus jeans, maior cantidade de índigo desaparecerá, maior desgaste do tecido e menor será o contraste dos desvanecementos. Polo contrario, cantos menos lavados, maior será ese contraste pero tamén fará máis feble o denim.

Durante os periodos de tempo entre lavados podemos eliminar olores simplemente con tendelo ó aire libre ou preto dunha ventá durante a noite.

…….

Os desgastes que se van producindo son persoales dependendo do corpo e os movementos de cada un, e o tecido cede en aquelas partes onde o necesita, o que o convirte nunha prenda única e cómoda que di moito de nós mesmos e das nosas rutinas diarias.

*Hai que lembrar que o espaciar moito os lavados pode conlevar un maior risco de rompeduras, por iso o adicaremos un post ó parcheado de vaqueiros. Seguindo a nosa filosofía de buscar as opcións máis sostibles, recomendamos: parchear, arranxar, customizar… En definitiva… alongar o máximo posible a vida das nosas prendas 🙂

Atlantic Denim

raw-denim