Coa aceptación que tivo esta nova tanda de Xiro, vémonos con forza para seguir ofertando unha alternativa local, que nos permita non só vestirnos de forma sostible e sabendo de onde ven a nosa roupa, senón que tamén sexa unha forma de acercarnos a un mundo máis coherente, e un pouquiño mellor, polo menos así o cremos nós!

O noso equipo esfórzase día a día para manter e ampliar os aspectos positivos en toda a cadea de subministración das prendas. Tamén queremos plasmar toda esta historia nos nosos deseños, así como o espírito atlántico característico do lugar no que vivimos. Dende as nosas raíces e sen más límite que a nosa imaxinación, damos as costas ó risco e ós convencionalismos para seguir avanzando neste proxecto que pretende ser algo máis que unha marca de roupa. Estamos nelo…

Non resulta doado conseguir progresos/resultados nun proceso creativo. Cando se ten a enorme sorte de traballar con grandes creadores da túa propia localidade como o é Martiño Villaverde, todo flúe mellor e tes gana de plasmar ducias de ideas en cada unha das ducias de cortes de prendas diferentes que enchen os nosos cadernos.

O Atlántico e o Denim están cada vez máis preto.

Leave a Reply

A túau dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos obrigatorios están marcados con *