Lavado Raw Denim
As telas dos nosos jeans Rodas e Vilar (midweight-peso medio) e Pantín (lightweight-lixeiro) non teñen ningún tratamento posterior á confección, o que se denomina raw denim (denim cru). Isto fai que teña un tacto e unha apariencia ríxida debido ao almidón aínda presente no tecido (normalmente aplícanse productos químicos para acadar un tacto suave desde o primeiro momento). Sen embargo, con pouco tempo de uso esta sensación desaparece, o tecido vólvese máis brando e adáptase ao corpo.

RAW DENIM
Para o Raw Denim o máis importante é lavar despois de 3 a 6 meses de uso e a partir de entón cada 1-2 meses, lo que consideres. A tonalidade orixinal do raw denim irá desaparecendo cos lavados.
-
Poñer o pantalón de dentro hacia fóra.
- Empregar un deterxente suave ou ecolóxico.
-
Lavar en frío xa sea a man ou en ciclo corto ou delicado.
- Secar ó aire estendido, intentando evitar enrugas.
Conseguiremos que o pantalón se adapte completamente ó corpo xa que o amidón permanece máis tempo e marca as dobreces enrugas no lugar preciso, o que da unha comodidade moito maior.
Posteriormente podes espaciar menos os lavados se non che importa manter a cor. Recorda que a norma é: lavar en frío – ciclo delicado – secado ó aire.
Ó igual que no coidado convencional debemos:
- Non lavar en seco.
- Non usar secadora.
- Non usar lixivia ou branqueador
- Pasar o ferro a temperatura baixa, máximo 110º
Os jeans que empeegan telas Raw poden ser lavados normalmente sen problemas. O amidón vaise con maior rapidez, non se manten a adaptación ó corpo e a perda de cor é uniforme, como no resto dos vaqueiros.
No es necesario ningun cuidado especial:
-
Lavar a máquina en frío a 30º con roupa escura ou negra
- Non lavar en seco.
- Non usar secadora.
- Non usar lixivia ou branqueador
- Pasar o ferro a temperatura baixa, máximo 110º
LAVADOS (CONVENCIONAIS)
Aquí se atopan o 90% dos vaqueiros, os cales levan aplicado algún tipo de tratamento (ou lavado) posterior á confección. No caso dos nosos modelos Melide, este lavado é de ozono.
Non é necesario ningún coidado especial:
-
Lavar a máquina en frío a 30º con roupa escura
- Non lavar en seco.
- Non usar secadora.
- Non usar lixivia ou branqueador
- Pasar o ferro a temperatura baixa, máximo 110º
Recomendamos colgar os jeans ó aire libre regularmente para evitar algúns lavados a máquina, aforraremos agua e enerxía.

Sobre Raw Denim
Raw denim é o tecido vaqueiro cru que permanece intacto despois da tintura, non foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria. Isto fai a súa fabricación máis amigable para o traballador e para o medio ademáis de ser máis duradeiro.
Se optamos polo coidado propio para raw conseguimos que o pantalón se adapte completamente ó cuerpo xa que o amidón permanece máis tempo e marca as dobreces e enrugas no lugar preciso, dando unha comodidade maior.
Pero non acaba aqui… se espaciamos os lavados a tonalidade índigo escura orixinal do raw tamén se manten durante máis tempo, facendo que os contrastes entre os desgastes e a cor orixinal sexan maiores, naturais e persoais.
Encollemento
A roupa Xiro emprega denim pre-encollido ou sanforizado, é dicir, foi pretratado coa finalidade de reducir a cantidade de encollemento que pode producirse despois do primeiro lavado dos jeans. O resultado da sanforización leva a un encollemento de só o 1-3%.
Tratar olor e manchas
Airear moito os vaqueiros. Ó aire libre ou próximo a unha ventá.
Expoñer o sol durante unha hora por ambos lados e polo revés. A radiación ultravioleta do sol reduce as bacterias. Non deixar todo o día xa que a luz solar provocará un efecto antiestético.
Se se produce algunha mancha no noso raw denim, de inmediato a salpicamos/mollamos suavemente con un pano mollado. Nunca frotar a mancha, xa que o frotamento eliminará parte do índigo da área afectada.
Lavado a man, breves instrucións
Poñer no fondo da bañeira ou nunha tina, con auga fría.
Reposar unha hora ou dúas na auga con xabón.
Dobrar varias veces na auga para unha limpeza máis profunda.
Reducir ó mínimo a descoloración
Raw denim é denim en estado puro, non foi lavado ou tratado polo tanto a tintura irase un pouco máis rápido.
Para reducilo podemos remollar os vaqueiros nunha tina de auga fría con unha cunca de vinagre branco e unha cunca de sal de mar. Ó cabo de 1 hora enxaugamos con auga fría e secamos ó aire.

Solicita o kit de reparación
Se queremos unha prenda auténtica, persoal e sobre todo duradeira, entendemos que reparar vai da man da sostibilidade e ten moito encanto. Se precisas kit de reparación (anaco de tecido + fío de costura + agulla) podes solicitalo sen ningún custe as veces que sexa necesario en:
makeitlast@xiroeco.com
Repara
Fai dos teus jeans unha prenda con historia e prolonga a súa vida útil cando os desgastes pasen factura. Recomendamos: parchear, arranxar, customizar… En definitiva… alongar ó máximo posible a sostible vida das nuosas prendas ?

