Amig@s, non deberiamos deixar de preguntarnos a procedencia da roupa que compramos. ¿Queremos que para chegar ó armario os nosos pantalóns percorran medio mundo? ¿Aceptamos o modelo de produción basado na subcontratación a países pobres? Querémosvos ensinar cales son os tecidos e complementos que levan os ecojeans Xiro e de onde veñen.

Organic-Denim&Polin

ORIXE DOS COMPLEMENTOS

Como sabedes, o 100% da roupa Xiro confecciónase en Galicia, en talleres que visitamos e coñecemos. Pero en canto ós materiais non sempre nos podemos abastecer de unha forma local, ó menos de momento. Non consideramos éste o caso dos nosos botóns, que aínda tendo a súa orixe nunha localidade do norte de Portugal, atópase a uns 100 km. do noso espazo de traballo.

Estivemos investigando e tocando unha chea de portas na procura dunha etiqueta traseira libre de materiais sintéticos ou de orixe animal. Para a nosa sorpresa descubrimos un proveedor na Comunidade Valenciana de jacron, un papel que resiste os lavados e que imprimimos nós mesmos con unha imprenta Adana.

Boton-Xiro-3

Etiq-Xiro-Jackron

Seguendo esta liña artesanal e local, a etiqueta de produto é tamén estampada en imprenta Adana sobre cartón reciclado.

Por último, os nosos ecojeans para muller teñen cremalleiras de algodón orgánico sen tintar (banda textil) procedentes de Brescia, Italia.

cartón reciclado & imprenta Adana

Cremallera-Italia

ORIXE DOS TECIDOS

A cousa cambia cando nos referimos á tela. O algodón é unha fibra que se cultiva en países tropicais e subtropicais e posteriormente debe seguir un proceso de fiado e tecedura para convertirse no tecido final en instalacións especializadas. En España temos o caso de Andalucía onde se está comezando a producir algodón cultivado de forma ecolóxica.

Rotación-de-cultivos-Egedenitz-

Organic-Cotone02

A este proceso de conversión da fibra vexetal en tecido hai que engadirlle os tinguidos. Recentemente en Xiro comezamos a traballar con denim orgánico italiano, cuxa calidade ven avalada por máis de 75 anos de experiencia na fabricación de este tipo de tela.

E-Tessitura06

Resumindo...

Tecido Denim 12.5 oz.:  Milan – ITALIA

Tecido Denim 11.5 oz. & Forro peto:  İzmir – TURQUÍA

Botóns e Remaches: Vila Nova de Famaliçao – PORTUGAL

Cremalleira Algodón orgánico y Zinc:  Brescia – ITALIA

Fío:  Gutach im Breisgau – ALEMANIA

Etiquetas Jackron:  Comunidad Valenciana – ESPAÑA

Etiquetas Papel:  Moaña, Pontevedra – ESPAÑA

Confección e Patronaxe:  Boqueixón, A Coruña – ESPAÑA