Denim sostible e Pantín skinny

Atopamos a combinación perfecta para o noso vaqueiro skinny sexa un top do denim sostible e da comodidade: algodón orgánico + elastano degradable.

Para que uns jeans sexan “redondos” buscamos sempre aqueles elementos que se adecúan ao corte que vamos a desenvolver, traballando nun deseño ecoeficiente.

O primeiro pantalón skinny que lanzamos tiña unha elasticidade moito menor, pero haber introducido entón un tecido máis elástico suporía perder parte importante desa sostenibilidade que buscamos en Xiro. Por sorte, algunhas cousas están avanzando na dirección correcta e as innovacións do noso proveedor de referencia, fixeron posible que hoxe podamos ter un modelo moi cómodo tendo en conta criterios medioambientais.

Uns cantos detalles deste novo PANTÍN SKINNY

 

  • CARACTERÍSTICAS DO TECIDO DENIM SOSTIBLE

 

COMPOSICIÓN

97% algodón orgánico + 3% elastano degradable. Certificado GOTS

GROSOR MEDIO 11,5Oz.

Perfecto para calquera época do ano.

SÚPER ELÁSTICO

Co seu 45% de elasticidade, a comodidade deste vaqueiro de denim sostible está garantida. Ol elastano que o fai posible ten certificación Cradle to Cradle, o que significa que se degrada no medio sen liberar sustancias perigosas.

TINGUIDO LIBRE DE MICROPLÁSTICOS

No proceso de tinguido úsase un compoñente vexetal 100% biodegradable e non tóxico que reemplaza os químicos dañinos, incluíndo o PVA

A COLOR PERMANECE MÁIS TEMPO

A cor ten unha penetración media no tecido, a diferencia de outros modelos como o Rodas , onde a cor é máis superficial para conseguir desgastes de forma rápida.

MADE IN ITALY

Sempre é una garantía traballar con tecidos de Candiani, non só pola súa gran reputación no mundo do denim, senón por tódalas  innovacións que levan a cabo e que posibilitan unha moda denim máis sostible.

  • CORTE DO PANTALÓN

O modelo Pantín skinny é de tiro medio, pero máis alto na parte de atrás. É un vaqueiro axustado que vai ceñido en toda a perna, desde el muslo ata o nocello. Xa falamos da elasticidade,  que neste corte xoga un papel moi importante. Noutros modelos a folgura permite un proceso de “domesticación” do tecido máis doado, pero neste caso agradécese que este proceso veña dado e sexan uns jeans súper cómodos desde o primeiro momento. Roupa denim sostible accesible, agora tamén para os que non se animaban a dar o paso pola rixidez inicial dos tecidos raw.

 

  • DENIM SOSTENIBLE FEITO EN GALICIA

Ao igual que co resto dos nosos pantalóns denim ecolóxicos, seguimos apostando pola fabricación local, o que implica un coste de producción moito máis elevado que o prezo de venta final da maioría dos vaqueiros do mercado.

O denim sostible, ten que selo a tódolos niveis, e a parte social non pode desvincularse da medioambiental. Este é o noso compromiso e polo que loitamos cada día.

Skinny sostenible