Economía circular ¿Por qué é necesaria?

A economía circular perfílase como unha opción para facer fronte ao desastre ecolóxico que provocou este modelo productivo basado no “usar e tirar”.

Dentro da economía circular destacamos o concepto de cradle to cradle que ten dúas vertentes: que todo producto poda ser descomposto e devolto á terra sen xerar residuos tóxicos, ou ben que poda transformarse para entrar nun novo ciclo de fabricación e venta. Esta segunda opción sería a que mellor define un proceso circular.

Para poñernos en contexto, sábese que actualmente cada español xenera unha media de 460kg de residuos urbanos cada ano.

A industria da moda é hoxe en día a segunda máis contaminante, xenerando anualmente cerca de 20 millóns de toneladas de residuos en todo o mundo, ademais de ser responsable dun 20% da contaminación da auga mundial.

Reducir o coste medioambiental é posible e sabemos que podemos conseguilo cun sistema diferente ao actual.

A diferencia do modelo económico lineal que crea productos que só contan cun único ciclo de uso útil e feitos con materiais que posteriormente son desbotados, a economía circular é un modelo de producción infinito no que as materias primas están en continua transformación, renovando e reciclando productos e materiais xa existentes para darlles unha nova vida.

Ademais o modelo circular ten como principal obxetivo proporcionar productos finais duradeiros ao mesmo tempo que reducir o impacto medioambiental e social que xeneran as emisións de CO2 causadas pola continua producción de materiais innecesarios e polos residuos que se acumulan como resultado de estos procesos.

 

Economía circular no mundo da moda

Adoptar un sistema circular en moda componse dun conxunto de etapas que se deben de ir incluíndo ao longo de todo o proceso de creación de unha prenda, desde atopar unha segunda vida a productos que xa non entran dentro das necesidades iniciais dos consumidores ata establecer un sistema de producción basado na xestión óptima de cada unha das súas fases. Algúns dos pasos necesarios para adoptar este sistema de economía circular serían:

Animar ós consumidores a optar por menos prendas

pero máis duradeiras, deseñando productos con materias primas de mayor calidade y reducindo así o número de prendas novas que se producen cada ano, unha cantidade que ronda los 100.000.000.

Dar unha segunda vida á roupa que xa temos no noso armario

a través da reventa ou o aluguer en aplicacións dirixidas exclusivamente a esto, rediseñando e dándolles un novo aspecto ás nosas prendas desde casa ou arranxando aquélas que estén rotas ou gastadas.

Utilizar materiais que podan ser reciclados ou reutilizados nun futuro

durante todo o proceso de creación das prendas.

Optimizar os sistemas de clasificación e reciclaxe de textiles

para que éstos podan ser utilizados de novo, así como contar coa infraestructura e man de obra necesaria, evitando desta maneira a acumulación de residuos.