EstepaJoana Moda Sostenible & Fairtrade

Emilio dedicou boa parte da súa vida á venta de prendas de coñecidas marcas internacionais, sen embargo, buscaba algo máis. Estepajoana Moda Sostenible & Fairtrade xorde de esa inquietude por aportar un gran de area no mundo da moda, poñendo en valor non só as cualidades dos produtos senón todo o que hai detrás dos mesmos e favorecendo, na medida do posible, un cambio gradual nos hábitos de consumo compulsivos.

A pasión polo seu traballo e todos os coñecementos adquiridos na súa experiencia profesional sobre materiais, confección, merchandising, escaparatismo, sastrería industrial e atención ó cliente serven agora para comezar de 0, pero con unha gran base. Ademáis en Estepajoana tense en conta o valor cultural das prendas e se traballa dende a honestidade e a autenticidade, o que o fai un espazo agradable no que sentirse valorado e respetado.

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

A apertura de este espazo sorprendeu a turistas e lugareños, que se mostran entre sorprendidos e agradecidos “Parece que había moita xente esperando un establecemento de este tipo na cidade. Un lugar onde comprar roupa de maneira tranquila, onde se pode charlar amigablemente e o engadido de saber que todo o contido é respetuoso co medioambiente, cos dereitos humanos, os dos animais, incluídos os mobles: todos de segunda man.”

Aqui o que se valora de unha prenda é unha relación entre deseño, beleza, utilidade, honestidade, sostibilidade, calidade e prezo. Sobre todo atopamos moitas marcas nacionais e algunhas internacionais, ademáis da bisutería da Fundación Vicente Ferrer.

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

Cando falamos de cómo afecta o consumo de roupa convencional ó planeta e ás personas, atopamos grandes puntos en común que compartimos todas as persoas implicadas no desenrolo da moda sostible, como é que a situación actual é insostible.
Ademáis apunta que “é unha relación comercial totalmente abusiva, inhumana e antinatural. Os intermediarios adueñáronse do negocio, da produción, das materias primas, das persoas, dos animais, da diversidade cultural…” “Estamos ante unha grande oportunidade se nos atrevemos a cambiar, primeiro de forma individual e logo global, os nosos hábitos de consumo. O mercado sempre acaba mimetizando as tendencias, asique elixamos qué e cómo queremos vivir e comprar. Iso acabará repercutindo en toda a cadea…”

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

En canto ó futuro da moda sostible, Emilio distingue entre tres tipos que se están dando en estes momentos: a que está dirixida a un público selecto e é inaccesible por prezo, outra que ten prezos razoables e unha gran calidade e beleza e por último a das grandes superficies, que se verá obrigada a mellorar as súas relacións co medio e as persoas.

¿E cómo formularnos o futuro? “creando relacións comerciais sinceras e honestas, tanto coos clientes como cos proveedores e, porque non, tamén cos produtores. A través do sorriso, da autenticidade e do esforzo pódense abrir novos camiños. Sexamos dignos exploradores”

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

Estepajoana. Moda Sostenible Mallorca

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros, y en ningún caso instalará cookies que no sean estrictamente necesarias para poder utilizar el sitio correctamente, sin su previo consentimiento. Si hace clic en aceptar dará su consentimiento para su utilización y acepta nuestra Política de Privacidad y Política de Cookies

ESTEPAJOANA