La-Bocoque

La Bocoque é moito máis que unha teenda de roupa. Ademáis de ser un espazo multimarca onde ver, probar e comprar prendas e complementos de xóvenes creadores e proxectos afíns, podemos atopar coleccións propias co mesmo nome.
As súas creadoras, Sara e Olalla, cóntannos que tras un tempo funcionando como marca, decidiron apostar por un espazo onde vender os seua deseños de moda made in Galicia.

La Bocoque Cangas

En canto ó deseño, elixen prendas versátiles, cómodas e sinxelas, poñendo especial atención nos tecidos, cores, acabados e materiais. En canto ó estilo, optan por prendas femininas e favorecedoras coidando os seus deseños de forma que sexan apropiados tanto para o día a día como para unha ocasión máis especial.

La Bocoque Cangas

La Bocoque Cangas

As súas fontes de inspiración “son moi diferentes. Poden ser iconos da música, movementos artísticos, un libro ou un destino evocador“. E as ideas empezan a materializarse “investigamos fontes e imos modelando deseños, buscando recursos e trasladándoos ás prendas. Entre as dúas imos construíndo a colección: deseños, patróns, escalados, prototipos…”

La Bocoque Cangas | Moda Local

Entre as súas clientas están as que coñecen a marca, as que se sinten atraídas pola estética da tenda ou as que fuxen da moda globalizada e buscan exclusividade e roupa de proximidade.
Cando pensan no futuro da moda afirman “gustaríanos restar made in China ós nosos armarios e encantaríanos que a moda non fora tan efímera, tan caduca”

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros, y en ningún caso instalará cookies que no sean estrictamente necesarias para poder utilizar el sitio correctamente, sin su previo consentimiento. Si hace clic en aceptar dará su consentimiento para su utilización y acepta nuestra Política de Privacidad y Política de Cookies

Moda made in Galicia