Descripción
Esta edición limitada de só 50 unidades é un skinny de tiro alto supercomfort gracias ó seu denim fabricado por Isko con un 64% de elasticidade, o único cos certificados Nordic Swan Ecolabel e EU Ecolabel, os máis estrictos do sector. Jeans orgánicos, cómodos e de calidade.
Raw Denim
Denim crudo sen tratamentos posteriores á confección, o que supón un aforro de auga e produtos químicos.
De algodón orgánico e poliester reciclado goza dos certificados máis estrictos do sector.
Cores
Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. De cor índigo cun tono dominante gris que o fai menos escuro.
Forro do peto groso e sen tinturas (Certif. IVN-Best e GOTS)
Etiqueta traseira marrón de papel lavable (vegano).

Cremalleira
Banda textil NewLife de poliéster reciclado procedente de botellas PET 100% postconsumo. Emprega un proceso mecánico para a transformación (sen o uso de produtos químicos e aforrando moita enerxía, auga e emisións de CO2), por completo en Italia.
Certificado por Global Recycle Standard, Oekotex, e obtivo a análise LCA (Life Cycle Assessment) por ICEA.
Skinny
Pantalón cinguido, axústase ó longo de toda a perna.
Jeans Orgánicos
Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.
Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.
Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).