Descripción
SALITRE, unha volta ó primitivo e esencial da nosa cultura, dende os petroglifos que vixían os nosos montes ata os pementos de Padrón e as lapas de San Xoán. Todo en armonía, con notas de sinxeleza, maxia e arte que nos transportan ó corazón de Galicia. AMAR O MAR.
Raw Denim
Forro
Forro interior de popelin 100% algodón orgánico sen tintar. 146 gr. de grosor e certificado GOTS e IVN Best.

Estampado
“Salitre: testemuña do noso” é un deseño creado polo ilustrador Ivan R. que da nome á nosa colección de complementos. Coa atemporalidade como punto de partida, unha visión conceptual da paisaxe e a cultura de Galicia.
Estampado no Laboratorio Taller Textil en Galicia, tamén con moita arte.
Cremallera
Cremalleira Lampo made in Italia con banda textil de poliester reciclado azul escuro. Certificada Oeko-Tex.
Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa cósese en condicións de traballo dignas.

O taller onde se produce esta prenda está situado na cidade de Vigo. Isto facilítanos visitalo regularmente, ver por nós mesmos o desenrolo e estar en contacto directo coas persoas que cosen a nosa roupa.
As labores de deseño, patronaxe, corte, confección, bordado e serigrafía de Xiro realízanse 100% en Galicia.
A nosa produción realízase de forma respetuosa co medio ambiente, coidando a trazabilidade dende a orixe ata o produto final, dinamizando a economía local e respetando os dereitos dos traballadores.