Menduíña Casual Dark

75,00

Fabricado en Galicia.
Corte Casual.
Tiro Medio.
8.0 oz. Denim — Midweight.
100% algodón orgánico (GOTS).
Índigo Escuro.
Banda de goma elástica orgánica para cintura axustable.
Forro petos 100% algodón orgánico.
Edición limitada x30.

Seguimos coa nosa aposta por prendas versátiles e atemporais. Menduiña Casual é folgado e cómodo, con cintura de goma para axustarse mellor a cada corpo. Longo por riba do nocello que pode levarse tal e como é ou dobrado no baixo ata alcanzar o longo desexado.

Out of stock
Referencia: XPCA-11 Categoría:
 

Descripción

Feito-en-Galicia-100%-Responsible-Wear

Menduíña ven con 3 tecidos diferentes pero co mesmo grado de compromiso no seu deseño. Suprimimos cremalleiras e botóns e engadimos unha banda elástica orgánica que permite certa marxe á nosa talla ademáis de convertilo nun pantalón orgánico 100% que nesta versión “dark” de edición limitada luce un tecido escuro de peso medio.

Algodón Orgánico

O cultivo orgánico combina prácticas tradicionais, innovación e ciencia, e promove relacións comerciais xustas e unha boa calidade de vida a todas as persoas involucradas.

Tecidos

Tanto o seu tecido denim como o seu forro do peto poseen as estrictas certificacións IVN-Best e GOTS. 100% algodón orgánico.

Goma elástica orgánica

Banda de goma elástica orgánica para cintura axustable, eliminando gomas e tecidos pouco sostibles. 65% Algodón Orgánico, 35% Caucho Natural. Sen tinturas, made in Austria e certificado GOTS.

Casual

Folgado e cómodo. Longo por riba do nocello.

Pantalón orgánico 100%

Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

eco-friendly jeans

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.

Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.

Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).

¿Cal é a miña talla?

 

      Talle           (A) Cintura         (B) Cadeira       (C) Longo   (D) Apertura perna
S 34 52 61 17
M 36 54 61 18
L 39 56 61 18

* Medidas en cm. Estirar o pantalón sobre unha superficie plana e medir o ancho de cada parte. As medidas non se corresponden ó contorno pero se prefires este método, multiplica os valores por 2 (excepto Entreperna). Mide por outros pantalóns que che senten ben, compara e adapta ó teu estilo ¿Gústache máis axustado ou máis frouxo? Podes pedirnos consello sen compromiso.

 

ENVÍOS, CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

 

ZONA            Envío          Prazo de entrega   Devolución   Cambio     
ESPAÑA PENÍNSULA Gratuíto 1-2 días laborais Gratuíto Gratuíto
BALEARES E PORTUGAL 3 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
CANARIAS, CEUTA E MELILLA 6 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
EUROPA 1 9 € 5-7 días laborais Gratuíto 9 €
EUROPA 2 16 € 5-7 días laborais 16 € 16 €

Resto do Mundo:  25 € | 5-7 días laborais.
Cambios fora de España con recollida gratuíta.
Consulta envío/entrega e cambios/devolucións.

CÓMO PROCEDER CON UNHA DEVOLUCIÓN

1

Infórmanos antes de 15 días dende a súa recepción que o produto quere ser devolto ou cambiado e as razóns de dita devolución. Poderás facerlo via email a info@xiroeco.com, via teléfono ó 886 126 339 ou mediante o formulario de atención ó cliente.

2

Envolve o produto en perfectas condicións empregando o mesmo envoltorio no que foi recibido para protexelo, conservando o seu etiquetado orixinal.

3

Xiro programará unha recollida no teu domicilio que se realizará ó cabo de 1 día laboral despois de que nos deixes o teu aviso. Indícanos un horario con unha marxe mínima de 2 horas para coordinar co/a mensaxeiro/a.**

4

Unha vez recibido e comprobado procedemos ó reembolso íntegro (para fora de España exceptuando gastos de envío). No caso de que a túa devolución débase a un cambio, faremos o envío da nova talla solicitada de forma gratuíta (para fora de España previo pago do envío de volta).

* Podes xestionar o envío dende a empresa de mensaxería que ti escollas, se así o prefires. Para elo debes seguir soamente os pasos 1 e 2 deixándonos un aviso. Neste caso os custes de envío corren a cargo do cliente.

Para información máis detallada consulta Cómo comprar en Xiro.