Descripción
O noso Rodas Slim Fit en tecido negro. O seu denim mid-weight 13.25 oz da unha solidez extra que mistura perfectamente coa comodidade do noso modelo máis clásico. E, coma sempre, confeccionado en Galicia.
Raw Denim
É o tecido vaqueiro intacto despois da tinguidura: non foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria.
Permite uns desgastes moi persoales e un proceso de adaptación á forma do teu corpo. Raw Denim italiano certificado GOTS.
Cores
Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).
Forro do peto sen tintura.
Etiqueta traseira marrón de jacron (vegana)

Go Vegan!
Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo a nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.
Slim Fit
Pantalón lixeiramente cinguido, estréitase ata o xeonllo e continúa recto ata o nocello.