Vilar Raw Denim Regular Selvedge

120,00

Fabricado en Galicia.
Regular Fit.
Tiro Medio-Alto.
13.25 oz. Selvedge Raw-Denim
100% algodón orgánico
Forro Peto 100% algodón orgánico
Edición limitada x50
Peche con botóns.

Esta versión Selvedge do Vilar non se diferencia no seu corte pero sí no seu denim tecido en telares (shuttle looms) europeos dos anos 60 e nos detalles no tono granate do orillo. O resultado son uns jeans vintage e de calidade top cun prezo máis que atípico para esta edición especial 7º aniversario!

Out of stock
Referencia: XJRG-22 Categorías: ,
 

Descripción

Feito-en-Galicia-100%-Responsible-Wear

O noso Regular Selvedge é un vaqueiro de corte recto e un look lixeiramente máis clásico. Selvedge italiano 100% algodón orgánico tecido en telares (shuttle looms) europeos dos anos 60.

Raw Denim

É o tecido intacto despois da tinguidura: non foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria.
Permite uns desgastes moi persoais e un proceso de adaptación á forma do teu corpo. Raw Denim italiano certificado GOTS.

Cores

Tinguido de bixjo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).

Forro do peto sen tinturas.

Vaqueiros galegos

Go Vegan!

Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo a nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.

Regular Fit

Pantalón de corte recto ó longo de toda a perna.

Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

eco-friendly jeans

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto nos facilita visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como na casa.

Podemos entrar e ver por nós mismos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.

Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron grabar cada rincón do taller (algo impensable noutras empresas, incluso do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).