Descripción
Os nosos Raw Denim Regular son vaqueiros galegos de corte recto e un look lixeiramente máis clásico. Con un denim orgánico mid-weight 13.25 oz que co uso irá ablandando e adaptándose ó teu corpo á vez que gañará un marabilloso desgaste natural.
Raw Denim
É o tecido vaqueiro intacto despois da tintura: no foi manipulado con auga, químicos ou maquinaria.
Permite uns desgastes moi persoais e un proceso de adaptación á forma do teu corpo. Raw Denim italiano certificado GOTS.
Cores
Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).
Forro do peto sen tinturas (Certif. IVN-Best e GOTS)

Go Vegan!
Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo coa nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.
Regular Fit
Pantalón de corte recto ó longo de toda a perna.
Confeccionar localmente permítenos afirmar con certeza que a nosa roupa se cose en condicións de traballo dignas.

O taller onde fabricamos está situado nun entorno rural a poucos kilómetros de Santiago de Compostela. Isto facilítanos visitalo regularmente e sempre temos a sensación de estar como en casa.
Podemos entrar e ver por nós mesmos o desenrolo, falar directamente coa persoa responsable de cada proceso cando hai que modificar algo ou xurde algún contratempo.
Cando as cámaras de TV quixeron ilustrar algunha das nosas terribles intervencións, puideron gravar cada recuncho do taller (algo impensable notros talleres, mesmo do noso entorno, que teñen o acceso restrinxido ou directamente prohibido).