Pura Vida Ecocentro é unha tenda situada en pleno centro de A Coruña. Aqui atopámonos a Sonia, unha das súas fundadoras, que despois de haber traballado durante anos en ONGs e sobretodo no mundo do comercio xusto, fálanos da súa tenda como “un espazo de sensibilización co medioambiente e os dereitos das persoas, que pretende achegar á xente un estilo de vida sostible, tanto en alimentación, como en cosmética ou moda”. Deste xeito convírtese nun punto onde probar e mercar roupa ecolóxica en A Coruña.

En realidade poderíamos falar dun punto de encontro no que teñen cabida outras actividades, e é que é un espazo versátil no que ademáis de mercar de forma responsable “podes tomarte tranquilamente un té ou café ecolóxico e de comercio xusto, asistir a unha charla ou degustación” xa que un dos obxectivos en Pura Vida é “achegar os productos ó consumidor, informando de qué hai detrás do que se compra e qué consecuencias pode ter.”

Ropa ecológica

En canto a se hoxe por hoxe estamos máis concienciados nas nosas compras, Sonia coméntanos “creo que se está cambiando, pero moi pouco a pouco. Deuse un paso importante en alimentación e séguelle a cosmética, pero queda a moda. Eu creo que é no que máis nos costa concienciarnos. Preocupa comer químicos, pero non se é tan consciente de eles se os levamos na roupa e tampouco se é consciente das consecuencias da fast fashion, da deslocalización, do traballo escravo e das pésimas condicións laborais, pero pouco a pouco imos vendo que isto tamén pode afectar á nosa saúde.”

ROUPA ECOLÓXICA EN A CORUÑA