Raw-denim significa literalmente denim crudo, é dicir, o tecido no seu estado máis puro, recén saido do telar e do proceso de tinguidura, non foi lavado ou tratado.
Conserva o seu color índigo orixinal, é máis ríxido, e co uso adquire un aspecto menos uniforme do que estamos acostumbrados. Isto é o que fai que o raw-denim sexa tan especial, a forma en que a cor se desenrolará en función do teu uso, hábitos e estilo co paso do tempo.
O sanforizado e o encollemento.
Alguns consideran que únicamente ó denim salido directamente do telar se pode chamar raw denim. Outros inclúen o sanforizado ou pre-encollido, un proceso que expón o denim á auga e ó vapor para reducir a cantidade de encollemento que pode ocorrer despois do primeiro lavado.
O denim non sanforizado refírese a miúdo como “dry” (“seco”) posto que non foi exposto á auga ou ó vapor en absoluto. Pero o denim sanforizado, que non foi sometido nin lavado, aínda cae baixo o paraugas do raw-denim posto que mantén o proceso de amoldamento ou “domesticación” ó igual que os seus resultados de desgaste.
No seu primeiro lavado, un denim sanforizado reducirase aproximadamente nun 1-2%, mentras que o non sanforizado ata un 10%. Nste caso, Xiro emprega denim sanforizado en todolos seus deseños polo que escoller a túa talla estándar é unha opción segura, xa que o encollemento é mínimo e co tempo todolos jeans se estiran ó redor da cintura.

Por qué o raw-denim é máis ecolóxico?
Hoxe en día xa existe tecnoloxía sostible que permite lavar e desgastar os vaqueiros sen que isto conleve un gran impacto medioambiental nin teña repercusións negativas na saúde dos traballadores e traballadoras, nembargantes consideramos que o raw denim ten un plus eco, xa que se evitan procesos posteriores supoñendo un aforro de auga, de enerxía e de sustancias químicas.
Existen moitos tipos de tratamentos para os jeans, pero en definitiva non fan outra cousa que desgastalos por nós. Ó cabo dun uso prolongado conseguiremos uns resultados similares (abrandado, decolorado, rotos, desgarros,…) sen restarlle tempo de vida.

Cómo domar os teus jeans
Preferes ir pola via rápida? Non é tan guapo pero sen problema! Un paso pola lavadora (dalle algún uso antes!) abrandará a rixidez inicial do tecido pero desbarataremos a posibilidade de conseguir os desgastes propios do raw denim. Éstes serán máis uniformes.
Tamén o podemos facer dunha forma totalmente natural e é que para domesticalo e suavizarlo tan só se necesitan as túas propias aventuras e andanzas. Tardará un tempo en abrandar, o raw denim pode tender a sentirse algo inconfortable cando a súa gramaxe é heavy, simplemente porque non se lavou nin suavizou. Os nosos jeans en xeral teñen unha gramaxe media polo que non será para tanto. As vantaxes son que o tecido vaise amoldando ó teu corpo e, como xa mencionamos, a cor vaise desgastando máis polas zonas máis “activas” do teu corpo.
Ah! un rápido remollo inicial (en frío) antes de poñerte os vaqueiros realmente pode axudar, eliminará parte do amidón. É posible que gracias a isto duren máis 🙂

Os primeros pasos duns raw denim son importantes, pero depende das túas preferencias. Os tempos son flexibles e o uso de lavadora é totalmente válido. Aínda así, imos ver cal sería o tratamento ideal nestes inicios:
Primeiro lavado ós 3-6 meses. Máis ben segundo o uso que se lle dé ó pantalón e o necesario que cada un ou unha considere. É importante retrasar un pouco este primeiro lavado porque:
-Non interrompemos o proceso de adaptación da prenda ó corpo de cada un.
-A cor orixinal permanece, provocando un maior contraste entre éste e os desgastes que se van producindo por mor de rozaduras, posturas e movementos que realizamos no noso día a día.
- Cubrimos o fondo da bañeira con unha capa de auga tibia.
- Botamos medio tapón de deterxente (preferiblemente ecolóxico)
- Damos a volta ós nosos ecojeans e introducímolos na bañeira.
- Deixámolos en remollo durante unha hora. Podes poñer pesos enriba para que queden totalmente somerxidos. Axitamos de vez en cando (opcional). Non te preocupes se a auga queda turbia.
- Baleira a bañeira e enxauga os jeans con auga fría para quitar o xabón.
- Tender ó aire libre ou preto dunha ventá evitando exposición directa e prolongada ó sol. É importante que o pantalón quede o máis extendido posible, evitando dobreces e enrugas que non nos interesa que queden marcadas.
Non teño tempo para isto, estragarei todo se uso a lavadora? Fixémolo moitas veces e os resultados son bos. Só recorda poñela a 30º con roupa escura e un ciclo delicado.

Contrastes ou durabilidade? Qué a miúdo lavar os teus raw denim
Despois do primeiro lavado, ti elixes canto tempo deixarás entre os seguintes, pode ser 1 mes, 2, 3,… Quizáis o que che importe non sexan os contrastes, senon que os jeans permanezan escuros.
O que debes ter en conta é que canto máis laves os teus jeans, maior cantidade de índigo desaparecerá, maior desgaste do tecido e menor será o contraste dos desvanecementos. Polo contrario, cantos menos lavados, maior será ese contraste pero tamén fará máis feble o denim.
Durante os periodos de tempo entre lavados podemos eliminar olores simplemente con tendelo ó aire libre ou preto dunha ventá durante a noite.
…….
Os desgastes que se van producindo son persoales dependendo do corpo e os movementos de cada un, e o tecido cede en aquelas partes onde o necesita, o que o convirte nunha prenda única e cómoda que di moito de nós mesmos e das nosas rutinas diarias.
*Hai que lembrar que o espaciar moito os lavados pode conlevar un maior risco de rompeduras, por iso o adicaremos un post ó parcheado de vaqueiros. Seguindo a nosa filosofía de buscar as opcións máis sostibles, recomendamos: parchear, arranxar, customizar… En definitiva… alongar o máximo posible a vida das nosas prendas 🙂
