Rodas Slim Fit

100,00

Deseñado e confeccionado de forma local en Galicia.
Slim Fit. Tiro Medio.
12.5 OZ Raw-Denim. 98% algodón orgánico / 2% elastano (GOTS).
Índigo escuro (Tinguido de baixo impacto)
Peto Interior 100% algodón orgánico (GOTS)
Cremalleira algodón orgánico sen tinte.

Se eres amante do denim e buscas un pantalón consistente, éste é o teu aliado. Axustado pero sen chegar a estar cinguido da máis liberdade á perna adaptándose perfectamente á nosa fisionomía, polo que resulta un vaqueiro cómodo. A caracterísitica rixidez inicial do Raw Denim (debido a que non sufriu tratamentos posteriores á confección) irá desaparecendo a medida que o usas e irá adquirindo un tacto semellante a outros vaqueiros. Á súa vez, verás que se vai adaptando á forma do teu corpo. Un pantalón persoal no que os desgastes son froito dos teus movementos e costumes, formándose contrastes entre éstes e o índigo escuro orixinal. Unha peza de roupa na que plasmar o teu día a día.

Clear
Referencia: XJ-31 Categoría:
 

Descripción

Feito-en-Galicia-100%-Responsible-Wear

O noso Slim máis Raw que nunca. Con un Heavy-Denim 12.5 oz que co uso irá ablandando e adaptándose ó teu corpo á vez que gañará un marabilloso desgaste natural.

Raw Denim

Denim crudo sen tratamentos posteriores á confección, o que supón un aforro de auga e produtos químicos. Debido a isto o tecido ten un aspecto máis robusto.

Cores

Tinguido de baixo impacto a partir de colorantes reactivos coas fibras. Certificados con GOTS (Global Organic Textile Standard).

Forro do peto e cremalleira sen tinturas.

vaqueiros ecoloxicos

Go Vegan!

Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo coa nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais.

Slim Fit

Pantalón lixeiramente cinguido, estréitase ata o xeonllo e continúa recto ata o nocello.

 Paula mide 1’65, pesa 57 e leva unha Talla 36.

Slim Fit Mujer

Slim Fit Mujer

Atlantic Denim

Slim Fit Mujer

¿Cal é a túa talla?

 

      Talla         Cintura       Cadeira        Muslo     Tiro Dianteiro   Tiro Traseiro Longo Entreperna  Apertura Perna
34 37 45 87 17,5
36 39 47 87 18
38 41 49 87 18,5
40 43 51 87 19
42 45 53 87 19,5
44 47 55 87 20

Medidas en cm. Estirar o pantalón sobre unha superficie plana e medir o ancho de cada parte. As medidas non se corresponden ó contorno pero se prefires este método, multiplica os valores por 2 (excepto Tiros e Entreperna).

ENVÍOS, CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS

 

ZONA            Envío          Prazo de entrega   Devolución   Cambio     
ESPAÑA PENÍNSULA Gratuíto 1-2 días laborais Gratuíto Gratuíto
BALEARES E PORTUGAL 3 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
CANARIAS, CEUTA E MELILLA 6 € 2-3 días laborais Gratuíto Gratuíto
EUROPA 1 9 € 5-7 días laborais Gratuíto 9 €
EUROPA 2 12 € 5-7 días laborais 12 € 12 €

Resto UE:  18 € | 5-7 días laborais.
Cambios fora de España con recollida gratuíta.
Consulta envío/entrega e cambios/devolucións.

CÓMO PROCEDER CON UNHA DEVOLUCIÓN

1

Infórmanos antes de 15 días dende a súa recepción que o produto quere ser devolto ou cambiado e as razóns de dita devolución. Poderás facerlo via email a info@xiroeco.com, via teléfono ó 886 126 339 ou mediante o formulario de atención ó cliente.

2

Envolve o produto en perfectas condicións empregando o mesmo envoltorio no que foi recibido, conservando o seu etiquetado orixinal.

3

Xiro programará unha recollida no teu domicilio que se realizará ó cabo de 1 día laboral despois de que nos deixes o teu aviso. Indícanos un horario con unha marxe mínima de 2 horas para coordinar co/a mensaxeiro/a.**

4

Unha vez recibido e comprobado procedemos ó reembolso íntegro (para fora de España exceptuando gastos de envío). No caso de que a túa devolución débase a un cambio, faremos o envío da nova talla solicitada de forma gratuíta (para fora de España previo pago do envío de volta).

* Podes xestionar o envío dende a empresa de mensaxería que ti escollas, se así o prefires. Para elo debes seguir soamente os pasos 1 e 2 deixándonos un aviso. Neste caso os custes de envío corren a cargo do cliente.

Para información máis detallada consulta Cómo comprar en Xiro.