Making Visible Ocean Depths, Upcycling photo sessions

LeChanelas e Xiro creamos as camisetas que completan os looks das nosas sesións de fotos facendo un pouco de upcycling, a partir de telas e elementos orgánicos e reutilizados. Inspiradas na vida no mar e na necesidade de concienciación do noso impacto sobre as súas especies.

Upcycling-R

Upcycling-C

Upcycling-L

¿Cómo?

Tiñamos unha sesión de fotos por diante, tres modelos, e os nosos ecojeans. Queríamos facer algo que fora acorde coa nosa filosofía de marca e aproveitar esta ocasión para lembrarnos a todos a necesidade de preservar o medioambiente, faciendo especial fincapé na conservación dos océanos. Queríamos que as camisetas dos nosos modelos serviran para reflexar os problemas que os asexan. Falamos con Silvia, da marca Le Chanelas, quen tamén estaba moi concienciada co tema e nos pusemos mans á obra.

Non se comprou ningún material para a súa elaboración nin se xerou residuos durante todo o proceso.

Upcycling_6692

Upcycling_6685

Upcycling_6694

Upcycling_6719

Recyc-white

Upcycling2

Upcycling_6782

Upcycling_6674

Upcycling_6708b

Cami-Up-LeChanelas-Del

Upcycling

Upcycling

Experiencia

Jersey de cáñamo + algodón orgánico, retales de prendas usadas ou tiradas, trozos de redes de pescar usadas, gomiñas de teclas de ordenador, plásticos atopados na praia.

Deseño, patronaxe e confección Le Chanelas by Silvia Sánchez, deseño DIY Iria Garcia, imaxe Xulián Chapela, modelos Paula, Aarón e Rosa.

Os contemplamos, os fotografiamos, nos deleitamos coa súa beleza e nos bañamos nas súas augas case pasando por alto o que esconden.
Feitos tan graves como a sobrepesca, os métodos agresivos de captura que arrasan os fondos mariños ou a contaminación por plástico e combustibles fósiles deixarán pegadas difíciles de borrar e consecuencias dramáticas para a biodiversidade e a saúde de persoas e animais.
Algúns datos:

Reservas pesqueiras explotadas por completo ou sobreexplotadas 90%
Descartes arroxados pola borda mortos ou agonizantes 40%
Buques arrastreiros en España 58%
Tasa de mortalidade en acuicultura 20%
Aumento da acidez dende a Revolución Industrial 30%

UPCYCLING