Vaqueiros ecolóxicos e sostibles ¿Cómo recoñecelos?

Non hai unha definición de vaqueiro ecolóxico, pero pódense ter en conta uns cantos puntos para determinar si uns jeans son máis ou menos sostibles.

Materia prima

Cáñamo e liño

Non requiren pesticidas nin herbicidas e melloran as condicións del solos. Necesitan moita menos auga que o algodón, son de crecemento rápido e os tecidos feitos con estas fibras son máis resistentes que o algodón.

Algodón orgánico

Non se usan sementes modificadas xeneticamente, nin herbicidas, nin pesticidas. Os tecidos de algodón son menos resistentes aínda que máis suaves. O maior hándicap é o consumo de auga.

Poliéster reciclado

Máis controvertido a nivel de saúde, aínda que cun plus de sostenibilidade, xa que non se require petróleo novo para a súa obtención e ten un 75% menos de emisións que o poliéster convencional.

O máis habitual é que os vaqueiros sexan de algodón, e neste caso o máis sostible é que sexa de cultivo orgánico xa que é una planta que require moitos coidados e de aí a importancia de que éstos sexan respetuosos co medio.

Vaqueros ecológicos fibras

Tecido

Grosor

Aínda que non é un punto que determine si un vaqueiro é ecolóxico ou non, debemos ter en conta que como norma xeral os tecidos grosos teñen unha durabilidade maior que os finos.

Puro ou con mezcla

Os tecidos sen mezcla son máis fáciles de reciclar. En canto ós vaqueiros que teñen mezclas, atopamos algunhas alternativas máis sostibles que outras: uso de elastano degradable, poliéster reciclado 

Complementos

Trataríase de valorar si o resto dos compoñentes do pantalón ecolóxico (forro do bolsillo, botóns, etiquetas, embalaxe..) son tamén sostibles.

En Xiro temos moi en conta que tamén os complementos sigan criterios medioambientais e de cercanía. O forro dos bolsillos é de algodón orgánico, os botóns libres de níquel fabricados a pouco máis de 100km, as etiquetas de fabricación nacional e o embalaxe biodegradable.

made in Europe

Confección

Si está ou non deslocalizada e en qué condicións se fai

A deslocalización atende unicamente a criterios económicos. Cuanto máis barata é a man de obra, peores son as condicións dos traballadores.

Cando falamos de sostenibilidade entendemos ésta como un todo que engloba a parte medioambiental e social, polo que ter en conta este punto parécenos fundamental.

made in Galicia

Tratamento post confección

Para conseguir as diferentes gamas de azul, ablandar o denim ou ter desgastes puramente estéticos, os jeans soen lavarse empregando unha gran cantidade de auga, químicos e técnicas pouco recomendables.

A opción que escollemos en Xiro é saltarnos este proceso, optando por jeans na súa versión raw . Non intervimos unha vez que los pantalóns están confeccionados.

Por sorte hai outras alternativas ós lavados convencionais que reducen significativamente o emprego de auga e químicos, como é o caso do tratamento de ozono.

Denim vaqueros ecológicos

Certificados

Hai tantos que sería complicado abordalos todos nun so artigo.

Tódolos tecidos do mercado (tamén os da fast fashion) están certificados. Si buscamos mercar vaqueiros ecolóxicos e responsables, o mellor é non deixarse levar pola palabra “certificado”

Indaga qué tipo de certificado teñen as prendas ou os tecidos e qué implican para saber si responden ás túas expectativas. Como hai tantos e tan diversos o mellor é que preguntes directamente á marca e busques información ao respecto.

Aqui expoñemos uns cantos:

GOTS: tódalas prendas baixo esta norma teñen polo menos un 70% de tecido ecolóxico. Certifica ademais que están libres de químicos perigosos e contempla criterios sociais como o cumprimento das normas da OIT. Os certificados son expedidos por organismos independentes mediante auditorías externas. É a máis completa de todas.

BCI: iniciativa que traballa con productores de algodón para implementar prácticas agrícolas máis sostenibles. Non certifica que o algodón sexa orgánico, senón que sería de transición, a medio camiño entre o convencional e lo sostible.

ECOLABEL: selo europeo que garantiza a excelencia ambiental. Productos que xeran pouco CO2, que utilizan los recursos de forma eficiente e que son máis duradeiros y doados de reciclar. Podes atopalo en roupa, deterxentes, productos de hixiene, papel…

FAIRTRADE: mellores prezos e acordos para os traballadores en xeral. Os agricultores traballan en organizacións democráticas e con prácticas sostibles.

FAIR WEAR FUNDATION: condicións laborais dignas na industria textil

CRADLE TO CRADLE: contempla prácticas de economía circular.

NORDIC SWAN ECOLABEL: etiqueta ecolóxica oficial dos países nórdicos. Evalúa o impacto do producto no medio ao longo de todo o seu ciclo de vida.

Cabe mencionar que estas “etiquetas” son un arma de dobre filo e poden favorecer ás grandes cadeas en detrimento das pequenas.

É complicado facerse cos certificados polo desembolso económico que supón, pero por outra parte é unha garantía de que estamos ante un producto eco. Como marca, o que facemos é mercar os tecidos certificados coa norma GOTS e deseñamos e confeccionamos de forma local toda a producción, facilitando información a través da nosa web e aos clientes que nolo solicitan de forma individual.

Leave a Reply

A túau dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos obrigatorios están marcados con *